blogue demartadiz

INICIO DAS CLASES CURSO 2022/23

As clases comezarán o vindeiro venres día 9 de setembro de 2022 por

mor de que o día 8 de setembro é festividade local no concello de

Marín.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/23

Todas as materias de todos os cursos optaron para o vindeiro curso

2022/23 pola utilización da modalidade de libro dixital a través do

proxecto EDIXGAL, polo que durante o curso 2022/23 NON se utilizará

libro en papel en ningunha das materias.

VALES MATERIAL

Os vales para axuda de material estarán á disposición das familias do

alumnado beneficiario a partir do xoves día 1 de setembro de 2022 na

secretaría do centro.

INICIO DAS CLASES CURSO 21-22

As clases comezarán o vindeiro mércores 15 de setembro en horario de 8:30 a 15:00 horas para todo o alumnado.

A partir do luns día 13 publicaranse na páxina web as instrucións para o acceso ao centro.

RECOLLIDA VALES FONDO LIBROS

O alumnado con todas as materias aprobadas en xuño que resultou admitido na solicitude de fondo libros, pode pasar a recoller os vales pola secretaría do centro.

Recordamos que o horario de atención ao público é de 10:00 a 13:00 horas.

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA AS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR

Poden consultar na conserxería do centro a listaxe provisional dos "Vales de material escolar 21/22" do alumnado.

 

Distribuir contido