Vacantes curso 2024/2025

 

Dende o 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo de admisión para o curso 24-25, para o alumnado que non proceda dos centros adscritos.

 

Vacantes:


CURSO

PRAZAS OFERTADAS

VACANTES

1º ESO

60

27

2º ESO

60

12

3º ESO

60

21

4º ESO

60

10


A solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis, debe entregarse no centro docente indicado en primeiro lugar (poden pedirse ata seis centros por orde de preferencia), e deberá ir acompañada da documentación requirida.

  • Prazo requirimento de emenda deficiencias e documentación é 5 días hábiles.
  • Prazo presentar documentación acreditativa no caso de baremar é de 10 días hábiles (a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión)

    CALENDARIO PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO

     

    Presentación solicitudes admisión ED550B e anexo II-bis, na sede electrónica https://sede.xunta.gal/na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado ou na secretaría do centro.

     

    1 - 20 marzo

    Presentación documentación complementaria:  se hai que baremar: Documentación xustificativa doscriterios de baremo alegados na solicitude.  

     

    21 marzo - 5 abril

     Publicación listaxes provisionais admisión

     

    25 de abril

     

     

     Reclamacións listaxes provisionais ante o consello escolar  

     

    26 abril – 3 maio

     Publicación listaxes definitivas admisión

     

    15 de maio

      Recurso alzada listaxes definitivas ante a Xefatura Territorial

     

    contado a partir

     do día seguinte ao

    da súa publicación

     Prazo ordinario de matrícula ESO e Bacharelato

     

    23 xuño - 7 xullo

     

NOTA: As persoas solicitantes poden consultar no taboleiro do interior do centro, as listaxes provisionais de admitidos no proceso de admisión  ou tamén a través da aplicación admisionalumando empregando a chave365 ou certificado dixital.

 

 

Normativa de aplicación:

 

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

Calendario de Exames

Para ver o calendario (orientativo) de exames prema aquí

 
 

Reserva de praza curso 2024-2025 centros adscritos

RESERVA DE PRAZA 2024/25 centros adscritos

 

 Aberto prazo de RESERVA de praza curso 2024-25, dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro, dos nosos centros adscritos:

 1º ESO:                                                     1º Bacharelato:

 CEIP Plurilungüe Carballal                        IES Illa de Tambo

 

**A reserva farase no centro de procedencia

Hai que presentar a solicitude ED550A debidamente cuberta.

Descarga a solicitude en galego facendo click aquí

Descarga a solicitude en castelán facendo click aquí

 

 

O prazo de ADMISIÓN para o alumnado non procedente dos centros adscritos será do 1 ao 20 de marzo. A partir do 22 de febreiro, publicarase toda a información sobre o proceso de admisión.

 

Hai que presentar a solicitude ED550B debidamente cuberta.

Descarga a solicitude en galego facendo click aquí

Descarga a solicitude en castelán facendo click aquí

 

Pódese presentar a solicitude na secretaría do centro

Mediante sede electrónica

Mediante o aplicativo admisión alumnado

 

 

 

Non hai palabras

Lazo negro de luto. vector de Stock | Adobe Stock

Escola de Familias CEIP Plurilingüe do Carballal

1ª sesión da Escola de Familias tratará sobre "Establecemento de normas e límites: disciplina positiva" e será realizada polas técnicas da Asociación Rexurdir.

 

Enlace para inscribirse:

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/7iooYDyYSkYf8KEF

 

Máis información:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdocarballal/taxonomy/term/74

Magosto 23/24

Concurso horto escolar

concurso horto escolar

Ánimate a participar no concurso máis verde!

Hora de ler

Ruta transporte escolar 2023/2024

Estas son as seguintas rutas do transporte escolar para o curso 2023/2024

 

Ruta Cantodarea

 

Ruta Muebles Mirón

 

Ruta Pastoriza

  

 

 

Calendario Escolar 2023/2024

Mediación no ML

Máis información facendo clic na imaxe

Prazos de matrícula

PRAZOS DE MATRÍCULA

·      Para axilizar o proceso de matrícula o alumnado que xa está en condicións de promocionar xa pode entregar na secretaría os papeis da matrícula. De faltar algún documento seralle requerido.

·      Aqueles que inda non saiban se promocionan ou non deberán esperar á entrega de notas o vindeiro día 26 de xuño. Este alumnado que se matricula en 2º, 3º ou 4º ESO formalizará a matrícula na semana do 27 de xuño ao 4 de xullo.

·      Na seguinte semana (do 5 ao 7 de xullo)  virá a matricularse o alumnado novo de 1º ESO e de admisión dos demais cursos. Non se admitirán matrículas máis alá do 7 de xullo.

 

DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA CURSO 2023-2024

 

ØAnexo I: Autorización para custodia e comunicación.

ØAnexo II: Protección Datos (menores e maiores 14 anos) e a cláusula protección datos.

ØAnexo III: Solicitude de matrícula para o curso correspondente.

ØAnexo IV: Autorización saída centro e solicitude transporte escolar.

 

IMPORTANTE:

·       Todos os Anexos da matrícula deberán asinarse no lugar correspondente.

·       No caso de separación ou divorcio e/ou convenio reguladora documentación da matrícula deberá asinarse por ambos proxenitores se ambos teñen a patria potestade. No caso, de que falte a sinatura de algún dos proxenitores porase en coñecemento da XEFATURA TERRITORIAL.

      

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE APORTAR:

Ø  Fotocopia DNI do alumno ( só alumnado de novo ingreso ou en caso de renovación)

Ø  Fotocopia DNI dos pais/nais/titores ( só alumnado de novo ingreso)

Ø  Fotocopia da Tarxeta Sanitaria ( só alumnado de novo ingreso)

Ø  Certificación académica primaria ( só alumnado 1º ESO) / Certificación académica ( só alumnado de novo ingreso)

Ø  Fotocopia do libro de familia( só alumnado de novo ingreso)

Ø  Fotocopia da sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador( só alumnado de novo ingreso ou modificacións)

ØVolante empadroamentoNecesario no caso de solicitar transporte

ØPara o alumnado de 3º e 4º ESOPAGO DO SEGURO ESCOLARde 1.12 €  no    conta: ES81 2080 5111 1931 1001 1339

     Deberá entregar o xustificante de pago xunto coa matrícula correspondente.

 

IMPORTANTE : SÓ SE LEVARÁ A CABO A MATRÍCULA SE ESTÁ TODA DOCUMENTACIÓN CUBERTA E ASINADA E AS TAXAS DO SEGURO ESCOLAR (3º E 4º ESO) PAGADAS E CO XUSTIFICANTE DE PAGO .

 

 

 

 



                                 

 

Fondo libros

Oferta Educativa do centro

Importance of Books in Our Life: Role of Books in Our Life I Leverage Edu

OFERTA EDUCATIVA

Beas NEAE

Escola de familias

 

Novas transporte

CAMBIOS NO TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 23-24
Logo dos cambios na zonificación escolar remitida aos centros en xaneiro estábamos pendentes de cambios importantes nas rutas e paradas de autobús. A día de hoxe o que sabemos, é que non hai paradas fóra da nosa zona de influencia, que se viu reducida, e que podedes consultar no mapa publicado na web en breve.
Na ruta 1 de Pastoriza é a que menos cambios sufre, quedando pendente inda de confirmar paradas. Coirados, Vista Alegre (2 paradas), Pardavila (3 paradas), Pazo de Cadro, Cadrelo, Miñán (2 paradas), Pastoriza.
Na ruta 2 de Muebles Mirón elimínanse as paradas de Jaime Janer, xa que eran paradas excepcionais por estar a menos de 2 km. Ámbalas dúas quedan fóra da nosa nova zona. Engádense 2 novas paradas, unha no comezo de Tiro Naval Janer, e outra no Polimia (praza 8 de marzo). As paradas desta liña son: Alameda, Tiro de Naval Janer, Muebles Mirón e Polimia (Praza 8 de marzo).
Na ruta 3 de Estribela elimínase a parada de Tiburcio, por estar fora da zona de influencia, e queda coas paradas: cantodarea capela e cantodarea todo a 100.

adas), Pazo de Cadro, Cadrelo, Miñán (2 paradas), Pastoriza.

Proceso Admisión 2023-24

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024

 ADMISIÓN DE ALUMNADO

  • TODO O ALUMNADO DO CENTRO ADSCRITO (CEIP O CARBALLAL) QUE TEN FEITA A RESERVA NO CENTRO ESTÁ ADMITIDO. DEBERÁN FORMALIZAR A MATRÍCULA NO MES DE XUÑO.

 

  • Dende o 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo de admisión para o curso 23-24, para o alumnado que non proceda dos centros adscritos.
CURSO PRAZAS OFERTADAS VACANTES
1º ESO 60 24
2º ESO 90 24
3º ESO 90 23
4º ESO 60 14

 
A solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis, debe entregarse no centro docente indicado en primeiro lugar (poden pedirse ata seis centros por orde de preferencia), e deberá ir acompañada da documentación requerida.
 
O prazo para requirimento de emenda de deficiencias e de documentación é de 5 días hábiles e o de presentación da documentación acreditativa no caso de que haxa que baremar é de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
A publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido é o 25 de abril e das listaxes definitivas o 15 de maio.
As persoas solicitantes poden consultar no taboleiro do interior do centro, as listaxes provisionais de admitidos no proceso de admisión  ou tamén a través da aplicación admisionalumando empregando a chave365 ou certificado dixital.

Normativa de aplicación:

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

 

Escola de Familia

Bo día::

O pasado martes 15 de novembro celebramos no CEIP do Carballal a primeira sesión da Escola de familias que estamos a organizar conxuntamente entre primaria e secundaria, a cargo de Verónica Lodeiro Romero e Patricia Fuentes Conde, psicólogas da asociaión "Rexurdir" de Marín. O obxectivo destas sesións é aprender a desenvolver ferramentas para manexar as nosas emocións e mellorar a comunicación dentro do ámbito familiar, especialmente coas nosas fillas e fillos. Durante a segunda sesión de mañá traballaremos en habilidades sociais, facendo especial fincapé na empatía. Animádevos a participar.

MODIFICACIÓN CALENDARIO ESCOLAR 22_23

MODIFICACIÓN DO CALENDARIO ESCOLAR
O calendario escolar foi modificado segundo a Orde do 27 de decembro de 2022 polo que se achegan as seguintes aclaracións:

  • Modifícanse as datas da 2ª avaliación, que pasarán a ser o 15 e 16 de marzo, polo que as notas se entregaran o 17 de marzo.
  • A diferencia do ano pasado, desaparecen as sesión e boletíns da terceira avaliación (que coincidirá coa final) así como o período de recuperación entre a 3ª avaliación e avaliación final. 
  • Os departamentos teñen ata o mes de marzo para adecuar as programación a estes cambios e comunicarán ao alumnado os períodos de recuperación que establezan. As programación cos cambios que correspondan serán colgadas na web no mes de marzo.
  • As clases rematan o 21 de xuño para todo o alumnado, podendo haber exames finais ata o 20 de xuño.
  • As sesión de avaliación final serán o 22 e 23 de xuño.
  • As notas se entregarán o día 26 de xuño.

 

 

 

Escola de Familia

Renovación do consello escolar

Membros a renovar nestas eleccións:
* 3 representantes de  profesores
* 3 representantes de alumnos
* 1 representante de familias
* 1 representante do PAS
Resolución do 19 de setembro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

SOLICITUDE ALUMNADO

SOLICITUDE FAMILIAS

CALENDARIO

INICIO DAS CLASES CURSO 2022/23

As clases comezarán o vindeiro venres día 9 de setembro de 2022 por

mor de que o día 8 de setembro é festividade local no concello de

Marín.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/23

Todas as materias de todos os cursos optaron para o vindeiro curso

2022/23 pola utilización da modalidade de libro dixital a través do

proxecto EDIXGAL, polo que durante o curso 2022/23 NON se utilizará

libro en papel en ningunha das materias.

VALES MATERIAL

Os vales para axuda de material estarán á disposición das familias do

alumnado beneficiario a partir do xoves día 1 de setembro de 2022 na

secretaría do centro.

Distribuir contido