blogue desusiarizaga
Transporte escolar
Enviado por susiarizaga o Xov, 30/07/2020 - 07:11Dende o servizo de mobilidade nos confirman que todos os solicitantes de transporte terán praza. Aqueles usuarios non lexítimos (fora da zona de escolarización ou menos de 2km) deberán empregar a tarxeta Xente Nova cargada. O custe do servizo será de 1,35€ coa tarxeta e cada 15 días poden recargar a tarxeta nun caixeiro de ABANCA para recibir o reintegro dado que son prazas subencionadas. Neste enlace poden ver o folleto informativo. http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=system/files/Xente%20NOva.pdf
No curso 2020-21 as rutas de transporte Estribela-Cantodarea-Tiburcio e Alameda-Mirón-Jaime Janer pasan ao servizo de mobilidade da Xunta de Galicia, polo que é preciso que o alumnado usuario non lexítimo (todos os que vivan a menos de 2 kms ou fora da zona de escolarización) empregue a tarxeta de transporte Xente Nova cargada para acceder ao transporte escolar.
As zona zona de escolarización do IES Mestre Landín pode consultarse no seguinte mapa:
Se tes dúbidas sobre se necesitas a Tarxeta Xente Nova ou non, podes chamar ao centro para preguntar.
Máis información sobre a Tarxeta Xente Nova en www.bus.gal ou no teléfono 988687800.
Como conseguila?
-
A Tarxeta Xente Nova é expedida por Abanca nunha serie de oficinas espalladas por moitos dos concellos nos que se pode viaxar con ela. Aquí podes ver o listado de oficinas comercializadoras nas novas áreas de Pontevedra e Ourense.
-
Para non perder tempo e facilitar que todos os usuarios obteñan a súa tarxeta o máis axiña posible, deberás solicitar cita nesta páxina.
Para aceder á web é preciso dispor dun navegador Internet Explorer 9 ou superior, Firefox, Chrome, Opera, Safari ou Edge.
-
Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca seleccionada. Non é necesario dispoñer dunha conta asociada.
-
Á oficina de ABANCA seleccionada só deberás levar o teu DNI. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes. A tarxeta é gratuíta.
-
Acordate cargar a túa tarxeta antes de viaxar con ela.
PLAN DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 15 DE XUÑO
Enviado por susiarizaga o Dom, 14/06/2020 - 16:43Accede dende TAREFAS COVID-19, na columna esquerda da páxina.
Recorda que é importante enviar as tarefas deste trimestre a través das vías que se especifican no plan de traballo. Se tes dúbidas, contacta co profesorado a través do correo electrónico do iesml.es
As tarefas para a recuperación das materias pendentes de cursos anteriores aparecen ao final dos Plans de traballo de 2º, 3º e 4º.
O venres, cando remates, envíanos o seguimento das tarefas a través do enlace que atoparás no plan de traballo.
Moito ánimo! Pídenos axuda se a necesitas.
ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS
Enviado por susiarizaga o Xov, 14/05/2020 - 06:28Xa están publicadas as modificacións das programacións didácticas de todas as materias (pendentes de revisión pola inspección). Especifícanse os cambios na avaliación e na metodoloxía debido á pandemia do COVID-19. Pódense consultar dende aquí:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=taxonomy/term/263
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO EN SECRETARÍA
Enviado por susiarizaga o Lun, 02/07/2018 - 09:21Durante os meses de xullo o horario de atención ao público na Secretaría do centro será:
-
Ata o 10 de xullo: de 9:30 a 13:30 horas
-
A partir do 11 de xullo: de 10:00 a 13:00 horas.
CALENDARIO DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO 2018
Enviado por susiarizaga o Lun, 02/07/2018 - 09:16DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
Enviado por susiarizaga o Mar, 11/10/2016 - 18:53Profesorado do Departamento de Lingua Castelá e Literatura:
-
Alexandra Torres Filgueira
-
Susana Arizaga Castro