blogue dejosemanuelbeiro

VALES MATERIAL.

Os vales para axuda de material están a vosa disposición dende hoxe na secretaría do centro.

ENTRADAS E SAÍDAS PARA O PRIMEIRO DÍA DE CLASE.

O alumnado de 1º ESO accederá ao centro pola porta da pista de baloncesto, situada na parte de atrás do edificio á esquerda.

O alumnado de 2º ESO accederá ao centro pola porta da pista de fútbol.

O alumnado de 3º e 4ºESO farán a súa entrada ao edificio a través da porta principal.

IMPORTANTE: en todas as entradas especificaranse os cursos que deben acceder por elas así como as listaxes de cada un dos grupos e os alumnos serán chamados polo profesorado.

ANPA

A ANPA estará aberta do 6 ao 10 de setembro en horario de 9.30 a 13.00 horas.

CALIFICACIÓNS AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA

O boletín coas calificacións da avaliación extraordinaria poderá consultarse a través de Abalar o día 6 de setembro a partir das 12.00 horas, sendo tamén posible solicitar unha copia impresa na secretaría do centro.

Lembramos que o prazo de reclamacións serán os días 7 e 9 de setembro de 9.00 a 13.00 horas. (O día 8 de setembro o centro permanecerá pechado por festividade local).

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO

A devolución dos libros de texto para o alumnado con materias pendentes para a convocatoria de setembro e que solicitou o préstamo dos mesmos, deberá realizarse no momento de formalizar a matrícula.

PRAZO DE MATRICULA SETEMBRO

O prazo para formalizar a matrícula para o alumnado coas materias para a convocatoria extraordinaria de setembro é do 6 ao 10 de setembro.

Distribuir contido