Excursión a Santiago

O pasado 21 de Novembro, o alumnado que cursa Relixión Católica en 2º, 3º e 4º de ESO e o de 1º de ESO que está traballando no proxecto "O Camiño de Santiago" na materia Proxecto Interdisciplinar, visitamos Compostela. Comezamos polo Museo das Peregrinacións no que vimos unha maqueta xigante da catedral e aprendemos moitísimo sobre a formación da cidade de Santiago dende a Idade Media. Máis tarde subimos ás cubertas da catedral, onde nos explicaron unha morea de anécdotas da propia catedral e da súa historia. Démoslle unha aperta ao apóstolo Santiago e xa tivemos que volver a Marín.

Pasámolo moi ben e xa temos que ir pensando na próxima excursión!!!!!!__


Máis fotos