Entrega de Premios do V Concurso do Parlamento de Galicia "En busca da Igualdade"

O IES Mestre Landín está de noraboa. O alumnado de 2º ESO A acaba de gañar o primeiro premio de educación secundaria no V Concurso Escolar do Parlamento de Galicia “En busca da Igualdade” na modalidade de expresión creativa audiovisual. O traballo que resultou gañador foi “Estereotipos asociados ao xénero”, con idea orixinal e guión dos alumnos/as Rodney Junior Ferreira, Paula Pastoriza, Avelino Portela e Carla Ríos, e coordinado pola profesora Patricia Díaz González.

____