Circular 19: Máscaras para o alumnado

Bo día
Saiu publicada a orde para o reparto de máscaras ao alumnado.  O prazo para presentar solicitudes vai do 16 ao 27 de novembro de 2020, é importante consultar antes se é un posible beneficiario e se ten a obriga de presentar solicitude.
.Ponde consultar o resume da orde neste enlace
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=system/files/INSTRUC...

Nas instrucións recibidas indícase tamén que no ámbito da comunidade educativa as máscaras que se utilizarán serán as mesmas que no ámbito comunitario. Estas serán as máscaras hixiénicas que cumpran a norma UNE 0065 ou as máscaras cirúrxicas. A utilización de máscaras con válvulas exhalatorias están prohibidas en Galicia no DOG no 126, por Resolución do 25 de xuño de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.
Un saúdo

AdxuntoTamaño
INSTRUCCIÓNS ORDE MÁSCARAS definitivo asinado.pdf209.18 KB