Enquisa convivencia 2021

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.
Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos  e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).Estos son os lenaces para acceder á enquisa empregando o constrasinal achegado:

"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil

"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP a 4º ESO" en https://www.edu.xunta.gal/convobrig

"Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias" en https://www.edu.xunta.gal/convpost

"Recollida de datos para o alumnado con necesidades especiais" en https://www.edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado" en https://www.edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para PAS" en https://www.edu.xunta.gal/convpas