Datas avaliacións e notas

 

DATAS DE AVALIACIÓNS E NOTAS

 

En aplicación da ORDE do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, recordamos que este curso existe unha 3ª avaliación e boletín de notas, ademais da final e ordinaria.

 

 

 

DATAS DA 3ª AVALIACIÓN: 6 e 7 de xuño

 

ENTREGA BOLETÍN DE NOTAS DA 3º AVALIACIÓN: 8 de xuño ás 14:10 h.

 

DATAS DE AVALIACIÓNS FINAIS: 23 de xuño

 

ENTREGA DE NOTAS FINAIS: 27 de xuño ás 11:00 h.

 

DATAS DE RECLAMACIÓNS NO CENTRO: 28 e 29 de xuño.

 

 

 

O período abranguido entre a terceira avaliación parcial e a avaliación final dedicarase a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e seguimento das materias pendentes.

 

·      Aclaración: A nota da 3ª avaliación non é unha nota final do curso.

 

O profesorado de cada materia informará ao alumnado nos días da 3ª avaliación das opcións para recuperar ou subir nota segundo se contemple nas modificacións de programacións que se fixeron para cumprir coa nova normativa e que están publicadas na páxina web do centro.