Escola de Familia

Bo día::

O pasado martes 15 de novembro celebramos no CEIP do Carballal a primeira sesión da Escola de familias que estamos a organizar conxuntamente entre primaria e secundaria, a cargo de Verónica Lodeiro Romero e Patricia Fuentes Conde, psicólogas da asociaión "Rexurdir" de Marín. O obxectivo destas sesións é aprender a desenvolver ferramentas para manexar as nosas emocións e mellorar a comunicación dentro do ámbito familiar, especialmente coas nosas fillas e fillos. Durante a segunda sesión de mañá traballaremos en habilidades sociais, facendo especial fincapé na empatía. Animádevos a participar.