Proceso Admisión 2023-24

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024

 ADMISIÓN DE ALUMNADO

  • TODO O ALUMNADO DO CENTRO ADSCRITO (CEIP O CARBALLAL) QUE TEN FEITA A RESERVA NO CENTRO ESTÁ ADMITIDO. DEBERÁN FORMALIZAR A MATRÍCULA NO MES DE XUÑO.

 

  • Dende o 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo de admisión para o curso 23-24, para o alumnado que non proceda dos centros adscritos.
CURSO PRAZAS OFERTADAS VACANTES
1º ESO 60 24
2º ESO 90 24
3º ESO 90 23
4º ESO 60 14

 
A solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis, debe entregarse no centro docente indicado en primeiro lugar (poden pedirse ata seis centros por orde de preferencia), e deberá ir acompañada da documentación requerida.
 
O prazo para requirimento de emenda de deficiencias e de documentación é de 5 días hábiles e o de presentación da documentación acreditativa no caso de que haxa que baremar é de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
A publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido é o 25 de abril e das listaxes definitivas o 15 de maio.
As persoas solicitantes poden consultar no taboleiro do interior do centro, as listaxes provisionais de admitidos no proceso de admisión  ou tamén a través da aplicación admisionalumando empregando a chave365 ou certificado dixital.

Normativa de aplicación:

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.