Videochamada portas abertas

O instituto IES Mestre Landín convoca ás familias interesadas de 6 de primaria a unha presentación telemática o vindeiro xoves día 21 de xanerio ás 19:30h. A conexións realizarase accedendo  a través do enlace que se achegará por parte dos colexios e empregando a plataforma Webex. Nesta reunión explicarán o proceso de admisión é reserva e as características do centro e da etapa. Se non recibiu o enlace pode contactar co centro para solicitalo.

Dado a  situación de pandemia as visitas presenciais quedan reducidas a situacións excepcionais que requiran resolver dubidas particulares. Neste caso poden contactar directamente co centro IES MestreLandin no 886151315.