Curso 2014-2015

En busca da Igualdade

O IES Mestre Landín está de noraboa. O alumnado de 2º ESO A acaba de gañar o primeiro premio de educación secundaria no V Concurso Escolar do Parlamento de Galicia “En busca da Igualdade” na modalidade de expresión creativa audiovisual. O traballo que resultou gañador foi “Estereotipos asociados ao xénero”, con idea orixinal e guión dos alumnos/as Rodney Junior Ferreira, Paula Pastoriza, Avelino Portela e Carla Ríos, e coordinado pola profesora Patricia Díaz González.


  

 

 

Neste mesmo concurso tamén participou o grupo de 2º ESO B co vídeo ”Se hai violencia non é amor”.  Idea orixinal e guión de Andrea Barreiro, David Macenlle, Mohammed Ennahaj e Kilian Gutiérrez, e coordinado pola profesora Patricia Díaz González.

 

 

Así pasou a VII Semana das Mates

_________

Pegada das 200 primeiras cifras de -taller

 

 Exposicións de esopías e fotografía   Xogando coas Mates Concurso de Lóxica

IMATXINA. Semana das matemáticas. Vigo-2015

 ___

O alumnado de 1º de ESO visitou a XI Edición de IMATXINA (Semana das Matemáticas de Vigo). Alí participaron durante dúas horas en distintos obradoiros con tangráns, pentaminós e hexamantes, policubos (pentacubos planos e soma), espellos, xogos de estratexia, actividades coa calculadora, resolución de problemas e estatística.

Mediante estas actividades algún dos obxectivos que se pretenden son os seguintes: sacar as matemáticas das aulas e achegalas ao alumnado dende un punto de vista manipulativo e participativo, favorecer o uso de materiais didácticos para o tratamento dos programas curriculares, amosar a través destas tarefas que todos os cidadáns poden facer matemáticas e aprender a traballar en equipo valorando e respectando as opinións propias e ás dos demais e fomentando a imaxinación e a creatividade.

Tamén puideron ver a esponxa de Menger de nivel 4, na que participaron na súa elaboración, case rematada

---->


Visita a IMATXINA

 

Visita á Casa das Ciencias (A Coruña)

 

"Xuntas somos Máis"

 

A esponxa de Menger Entroido 2015 Visita IES Montecelo e CIFP Carlos Oroza 

Entroido 2015

                                                                                                                                                                                                           Fotos: Alba Pedrosa

Visita ao IES Montecelo e CIFP Carlos Oroza

O alumnado de 4º ESO e 4º PDC do noso centro visitou no día de hoxe as instalacións do IES Montecelo e o CIFP Carlos Oroza. Esta actividade organizada polo Departamento de Orientación ten como finalidade dar a coñecer ao alumnado as distintas posibilidades coas que conta para continuar a súa formación académica ao rematar os estudos de ESO.

Distribuir contido