CONCURSO DE DEBUXO: "TRAZANDO A IGUALDADE"

 O alumnado da materia de igualdade de xénero, en colaboración co club de lectura DIVERTsidade convocan un concurso de debuxo que ten como tema a igualdade e todas as súas formas. Poderán participar alumnos e alumnas de todos os cursos. Os agasallos aos/as gañadores/as estarán relacionados co debuxo e as actividades plásticas. Os membros de club e da materia de igualdade de 1º de ESO formarán parte de xurado que decidirá cales son as ilustracións gañadoras. As bases poderanse consultar na biblioteca. Os deseños escollidos, así como os participantes, poderán aparecer na revista literaria do club de lectura.

O obxectivo desta actividade é fomentar a expresión das ideas sobre a igualdade e a comprensión da arte como unha forma de loita contra as desigualdades sociais, raciais, de xénero... 

 

Consulta a información e as bases premendo aquí