CONTACONTOS EN FRANCÉS

 

Samuel, contacontos de orixe camerunés presenta unha actividade dirixida ao alumnado de francés de 1º e 2º de ESO.

Trátase de tres relatos curtos nos que o contacontos fai intervir a varios alumnos e amósalles dun xeito sinxelo unha aprendizaxe ou consello en cada conto. A actividade desenvólvese cun certo aspecto lúdico que fai que resulte moi divertida para o alumno.

Entendemos que se trata dunha actividade moi positiva para os estudantes da primeira etapa de ensino secundario xa que fomenta a participación en público do alumnado e pretende despertar o interese pola lingua francesa dende unha perspectiva lúdica e de inmersión na práctica da comprensión e expresión oral.