SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE VIOLENCIA MACHISTA

No marco do 25 de Novembro proponse a realización de talleres de sensibilización: O alumnado afronta e identifica as diferentes formas de violencia machista que é máis susceptible de padecer e reproducir sen ser consciente da súa gravidade. Na sociedade persisten ideas cargadas de sexismo que xustifican a violencia.É necesario que o noso alumnado aprenda a identificar as violencias machistas encubertas, máis aló das que están visibles. Recoñecer actos de violencia machista individual e grupal evita que se desenvolvan na nosa contorna e axuda a manter unha sociedade libre de estereotipos e centrada na igualdade de todas as persoas.