ECONOMÍA: CHARLA SOBRE ORZAMENTOS MUNICIPAIS

 

O  pasado martes día 25 de abril o alumnado de Economía e Iniciación á Actividade Empresarial e emprendedora tiveron a ocasión de participar na charla impartida por Manuel Souto López, do Concello das Pontes. Ao longo do relatorio coñeceron de primeira man como se realizaron e aprobaron os últimos orzamentos municipais , así como a forma en que se realizou o seu seguimento en función dos gastos e ingresos reais. O alumnado puido expoñer as súas cuestións e propostas relativas ás contas municipais,  resultando unha actividade que lle permitiu observar a aplicación práctica dalgúns dos contidos teóricos tratados na aula. Trasladamos o noso agradecemento ao Concello das Pontes e de forma máis concreta ao Departamento de Intervención e a  Manuel  Souto López pola súa colaboración desinteresada.