CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS

 

 O pasado venres 19, o noso centro rendeulle homenaxe a Francisco Fernández del Riego, escritor escollido este ano para celebrar o Día das Letras Galegas. Nerea Fraga Villares, alumna de 4º ESO, foi a encargada de presentar o acto.

En primeiro lugar,  Martina Fraga Díaz (2º ESO A) e Mariña Paz Guerreiro (2º ESO C) explicáronnos os aspectos biográficos máis importantes de del Riego, coa lectura dun texto escrito por Érika Fernández López. A continuación, Andrea Cazás Bañobre (1º ESO B) e Alicia Fernández Arnoso (1º ESO C) leron dous textos narrativos do escritor con música de piano de fondo composta e interpretada por David Otero Souto (2º ESO C). Por último, un grupo de alumnado de 4º ESO, dirixidos pola profesora de música Estrela, interpretaron de maneira maxistral a canción das Tanxugueiras “Terra”.

Moitas grazas pola participación e a asistencia ao acto. E lembremos: cómpre sacarmos a relucir a nosa lingua os 365 días do ano!