NOMEALAS PARA EXISTIREN (8 M)

 

Para celebrar este ano o 8 M, o Día Internacional da Muller, o Departamento de Normalización Lingüística co apoio da Biblioteca do centro e o Departamento de Galego, pretende homenaxear ás nosas mulleres coa actividade que leva por nome “ As nosas mulleres, nomealas para existiren”.

 Nesta actividade, o alumnado realizou unha infografía sobre aquelas mulleres do concello das Pontes , de onte e hoxe, pioneiras por desempeñar actividades habitualmente consideradas de  homes, por ser as primeiras en acceder ao mundo da cultura, por ser pioneiras en conseguir recoñecementos nos diferentes ámbitos sociais e do saber, ou simplemente por ser mostra de coraxe ante situacións adversas.  Grazas ao traballo de investigación realizado polo alumnado, a quen felicitamos polo seu traballo, fomos quen de poder expoñer na entrada principal do instituto un recoñecemento a todas elas, coa súa foto, datos biográficos  e logros acadados por elas.