OBRADOIRO DE EDUCACIÓN SEXUAL

 

A asociación SEDRA ( Federación de planificación familiar) realiza  programas de sensibilización, formación e acompañamento en sexualidade e saúde sexual para a mocidade.Este obradoiro trata a prevención da violencia dixital de xénero. É necesario que o alumnado descubra a realidade que se esconde detrás das novas tecnoloxías e os perigos e delitos nos que pode incurrir.  O alumnado precisa  formación e asesoramento en saúde sexual integral  para exercer con autonomía a súa vida sexual e reprodutiva.