OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA

 

 

Durante o día 19 o noso alumnado puido disfrutar dun taller de papiroflexia a cargo de Teresa Otero, docente xubilada de matemáticas. O noso alumnado sumerxiuse no mundo do papel, onde cada doblez e cada ángulo é unha lección de matemáticas. Descubriron a beleza das simetrías, exploraron as propiedades dos polígonos e enfrontáronse ao reto de visualizar formas a través dun simple cadrado de papel. O taller fomentou a creatividade e a destreza mental de todos os que alí estiveron.