Actividades realizadas ata a data

VISITA AO MUNCYT

 

A visita ao MUNCYT trátase dunha primeira aproximación ao método científico, o cal permite un coñecemento da forma de traballar e desenvolver ciencia, de maneira que se poda valorar a importancia dos seus avances por parte do alumnado. Tamén repercute á hora de mellorar a Competencia de Aprender a Aprender (preguntarse por maneiras de resolver unha cuestión concreta). Por último, tamén hai que valorar as relacións sociais entre o alumnado e tamén entre eles e o persoal do museo. 

CHARLA SOBRE SAÍDAS PROFESIONAIS.

 

O día 28 de novembro de 2018, terá lugar no salón de actos do noso IES unha charla informativa sobre saídas profesionais dentro das Forzas Armadas.

Este evento desenvolverase dende as  9,20 (2ª hora) ata as 10,10 h. A continuación haberá un punto informativo para o alumnado en xeral, e para o de bacharelato en particular, onde se responderá ás diferentes preguntas ou inquedanzas que se poidan formular.

 

GRADUACIÓN 2017/2018

 

Parabéns e moita sorte nesta nova etapa das vosas vidas!!! 

25/5/2018

 

CLASE LÚDICA DE INGLÉS

 

O pasado luns 13 de abril, estivo no noso instituto Luke que é de Liverpool; a editorial Burlinghton Books, ofreceunos a posibilidade de que Luke lles impartira ó noso alumnado de 1º ESO, unha clase na que lles ensinou diversos aspectos da cultura británica dun xeito lúdico e totalmente interactivo, xa que utilizou xogos e concursos para conseguir que os rapaces e rapazas se implicaran totalmente e dun xeito activo e divertido nesta actividade ó mesmo tempo que adquirían novos coñecementos sobre Gran Bretaña e as súas costumes.


                                               UNHA ACTIVIDADE PARA REPETIR!!!

 

Distribuir contido