Actividades realizadas ata a data

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ (30-1-2021)

 Para celebrar o "Día Internacional da Paz" realizáronse unha serie de actividades na biblioteca do centro. A modo de exemplo mostrámosvos a seguinte.

 A actividade persegue pór en práctica actuacións concretas para que cada alumn@ participante entenda que a paz empeza cun mesm@ e no día a día no noso xeito de falar cos compañeir@s, na forma de relacionarnos persoalmente e a través das redes sociais, nos nosos comportamentos cotiás, etc.

   Reproducimos diálogos a través de viñetas nas que se amosaban condutas pouco axeitadas para posteriormente propoñer alternativas máis a acordes cunha convivencia pacífica.

 

 

A PLÁSTICA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

A actividade a desenvolver con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, pretende crear imaxes que ilustren e denuncien diferentes formas de violencia machista. Traballamos manipulando representacións artísticas diferentes que retratan a todo tipo de mulleres, e buscamos darlles un novo significado, cambiando o sentido das mesmas ao recortalas, combinalas con outras, debuxalas, borralas,... Usamos a subxectividade da linguaxe plástica para que estas imaxes transmitan unha nova mensaxe: como é estar na pel da muller que sufre violencia de xénero en algunha das seus formas ou graos. Queremos amosar a outra cara da moeda desa representación ideal feita habitualmente do mundo feminino, mostrar a cara que case sempre permanece oculta pero que existe, e que é necesario denunciar para poder cambiar. Esta actividade realízase en colaboración entre os Departamentos de Debuxo do IES Moncho Valcarce de As Pontes (cursos DAI de 1º de Bacharelato) e do IES Anxel Fole de Lugo (cursos de EPVA 4º de ESO e DA II de 2º de Bacharelato).

Todos os traballos poderanse ver na seguinte páxina.

 

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

O  3 de decembro celébrase o  DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL, para dar a coñecer esta realidade o alumnado de 4º de ESO participou na charla online da asociación AESLEME (asociación para o estudo da lesión medular espiñal na condución) , “Si controlas, vuelves” coa que se pretende concienciar  ás alumnas e alumnos dos perigos de conducir baixo os efectos do alcohol e as drogas. 

 

CAMBIO CLIMÁTICO

No último ano, o co2 saíu da súa invisibilidade e foi a especie química máis coñecida entre diversos sectores da poboación das pontes, nomeadamente pola súa relación co cambio climático e co peche da central térmica, efectos globais e locais con moi diferente percepción.

Pero é só o co2? É só o sector enerxético? Que son os gei? Cales son? Como comparar a  súa potencialidade? De onde proceden as súas emisións de orixe non natural? Onde se pode actuar?

           

                                                         

                                  

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

     

Un ano máis, o IES Moncho Valcarce quere mostrar a súa solidariedade con todas as vítimas da violencia de xénero.

"Nin unha máis nin unha menos"

 

Ao longo da semana pasada realizáronse no Centro diversas actividades conmemorativas do 25N levadas a cabo polos Departamentos de Relixión, L. Castelá e o equipo da Biblioteca.

              

WISIBILÍZALAS. UNIVERSIDADE POMPEU FABRA

 

Durante o segundo trimestre o alumnado de TIC I 2, decidiu participar no concurso Wisibilízalas da universidade Pompeu Fabra, que é un concurso internacional dirixido a colexios/institutos de España e Latinoamérica cuxos obxetivos son:
  • Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM
  • Potenciar referentes femeninos actuais que sirvan de inspiración as máis xóvenes
  • Promocionar uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.
Os grupos participantes debian crear una páxina web na que describiran a carreira (biografía, traxectoria profesional, logros...) de:
  • Alomenos tres mulleres contemporáneas que trabalen en ámbitos STEM.
  • Alomenos dúas delas deben ser enxeneiras.
  • Estos referentes deben ser de ou traballar en España.

Valorábase a creación de perfiles que ainda non estiberan publicados na Wikipedia, polo que no só se aceptan perfiles de mulleres moi relevantes, senón mulleres do entorno local que traballan en ámbitos STEM. 

Neste grupo buscaron mulleres galegas que cumpliran estos requisitos, puxeronse en contacto con elas via e-mail, e logo concertaron entrevistas, ben vía skype ou nalgún caso presencial.
Todo o traballo recóllese nesta páxina: "E ti quen ves sendo? Wisibilizámoste?"
 
 

CONTACONTOS CAXATO TEATRO

O día 12 de marzo tivo lugar no Salón de Actos do centro unha representación teatral levada a cabo por “Caxoto Teatro”. Dita obra foi patrocinada pola Concellería de Igualdade do Concello de As Pontes dentro do marco de actividades levadas a cabo para celebrar o “Día Internacional da Muller”

 

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

O  8 de marzo celebrouse o “ Día Internacional da Muller”. Con este motivo o IES. Moncho Valcarce levou a cabo diversas actividades (proxeccións de curtametraxes, paneis informativos, obras de teatro) para contribuír coa loita contra a desigualdade na que viven as mulleres na sociedade actual.

 

SAÍDA ÁS ROZAS

 

O día 9 de marzo o alumnado das materias de Tecnoloxía e TICs participou no Openday do CIAR ( Centro de Investigación Aeroportada de Rozas)(Castro de Rey–Lugo) e na grabación do programa 10 de SCIENCIE TRUCK, que podedes ver no seguinte enlace: #sciencietruck10

  

TEATRO NO ALOVI

Co gallo do Día Internacional da Muller, o alumnado de 3º da ESO asistiu á representación-no Auditorio Alovi- da obra "Chola it Girl" patrocinada por Abrente. O obxectivo a acadar é acabar coa discriminación que sofre a muller na sociedade actual.

 

Distribuir contido