Skip to Content

OBRADOIRO DE XOGOS ROMANOS PARA 1º DE ESO A/B/C/D/E E 2º DE ESO D.

OBRADOIRO DE XOGOS ROMANOS PARA 1º DE ESO

A/B/C/D/E e 2º DE ESO D.

 

O día 10 de xuño tivo lugar, no Ximnasio do noso Instituto, unha actividade de aprendizaxe, lúdica e participativa, baixo o título de "Obradoiro de Xogos Romanos". Na actividade participou o alumnado de todos os grupos de 1º de ESO e o alumnado de 2º de ESO D. Ao longo da mañá foi pasando, aprendendo e xogando, polo espazo da actividade todo este alumnado. O obradoiro, centrado na aprendizaxe dos xogos romanos e dos costumes vencellados aos xogos romanos, estivo coordinado polo profesor do Departamento de Xeografía e Historia, Adrián Rodríguez Rodríguez, e estivo oragnizado por este profesor e por varias representantes da Asociación Histórico-Cultural Gallaecia Viva.

 

 



page | by Dr. Radut