Skip to Content

Documentación para formalizar a matrícula do alumnado con praza ADXUDICADA en ciclos:

Tedes que presentar no centro escolar:

  • Impreso de matrícula (debe descargarse na aplicación /ciclosadmision )
  • Certificación académica coa que se accede ao ciclo.
  • Resgardo de ter feito o ingreso a nome d@ alumn@ do seguro escolar (1.12€) na conta ES47 2080 5051 7730 4000 4105 (ABANCA) ( Agás maiores de 28 anos).
  • 1 fotografía actual.
  • Fotocopia do DNI e da tarxeta sanitaria.

Axudas para a adquisición de material escolar

Infórmase de que as persoas solicitantes de axudas para a adquisición de material escolar poden pasar a recoller os vales en horario de 10:00 a 13:00. Lembramos que os vales se entregarán as persoas solicitantes, no caso de vir outra persoa deberá traer unha autorización.

Saúdos.

Fondo solidario de libros de texto

Xa está dispoñible a listaxe provisional do alumnado beneficiario do fondo solidario de libros de texto para o curso 23/24.

Podedes consultar a listaxe no taboleiro do instituto.

Lembramos que dacordo ca Lei de Protección de Datos non se pode proporcionar información de dita listaxe por teléfono

Contra dita listaxe podéranse realizar reclamacións, nos plazos establecidos en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/.

Grazas.

Fin do curso 2022/2023

Estimadas familias,

O último día de clases deste curso 2022/2023 será este mércores 21 de xuño.

O boletín de notas entregarase o venres 23 de xuño ás 12:00 horas por parte das titoras/es, na aula de referencia. As notas publicaránse simultaneamente no abalarMobil.

Xunto co boletín de notas, @s vos@s fill@s levarán a folla de matrícula para o curso 2023/2024 coa data recomendada por cursos, para acudir ó centro sen aglomeracións.

Desexámosvos un bo descanso estival e vémonos de novo o luns 11 de setembro.

Un saúdo de todo o persoal do IES Pazo da Mercé

 

 

Libros do curso 23/24

NOVO!!!

En 1º da ESO, 2º e en 3º da ESO traballaremos con ordenadores E-Dixgal, polo que NON teremos listado de libros.

Recordamos que o centro dispón dun banco de libros para a etapa da ESO e FP Básica polo que recomendamos non comprar NADA ata saber se dispoñemos de libros suficientes para prestar.

Enlace ós libros de  4º ESO e Bacharelato.

 

 

 

 

Luns 19 de xuño: Evento Mudoloxía FP Básica


O alumnado de FP Básica do IES Pazo dá Mercé presentou o Evento Mundoloxía da Fp Básica co gallo de transmitir a súa experiencia da vida e habilidade na Fp Básica.

Distribuir contido


by Dr. Radut