Skip to Content

VI Feira de Ponteareas

Como cada ano, o noso alumnado de FP participou na Feira das Ensinanzas celebrada no Concello de Ponteareas. Nela, baixo a supervisión do seu profesorado, promocionaron os nosos ciclos de Sistemas Microinformáticos e Redes (CM) e Desenvolvemento de Aplicacións Web (CS).
 
Moitos alumnos e alumnas doutros centros mostraron interese polas nosas propostas polo que non descartamos que, nun futuro próximo, formen parte da nosa comunidade educativa.

XIX Olimpíada de Bioloxía

Parabéns á nosa alumna Lucía González de 2º BAC, que participou na XIX Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) na facultade de @bioloxia_uvigo da @universidadedevigo que organiza o @cobgalicia. Disfrutou da xornada acompañada por Lucía García, a nosa profe de Bioloxía. Noraboa pola experiencia!!

Proxecto Azores Solidarios

Ata o Xoves 21 participamos nunha recollida de material escolar para enviar a Merzouga (Marrocos) en colaboración co proxecto de Azores Solidarios, no que tamén colaboran acd_sanomedio @concelloasneves @efaacancela e os outros centros educativos do concello. Entrega a túa aportación en Secretaría. Convidamos a participar a toda a comunidade educativa. Grazas polas vosas aportacións!

Cinema con perspectiva

O pazo convertido nun plató de rodaxe coa xente do @ficbueu e o noso equipo de mediación, dentro do obradoiro "Cinema con perspectiva"

Admisión curso 2024/2025

Prazos do proceso de admisión e matrícula:

 

Presentación de reserva no centro adscrito: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

        TODO O ALUMNADO QUE FIXO A RESERVA TEN PRAZA!

Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: 29 de febreiro.

Pódese consultar o listado no taboleiro de anuncios no interior do IES.

Renuncia ao posto no centro adscrito: antes do 28 de febreiro.

--> Presentación da solicitude de admisión: do 1 ó 20 de marzo.

Consulta as PRAZAS VACANTES

Documentación xustificativa dos criterios de baremo: 21 de marzo ao 2 de abril.

Data de publicación da listaxe provisional de admitidos: 25 de abril.

Prazo de reclamacións á listaxe provisional: 26 de abril ao 2 de marzo.

Data de publicación definitiva de admitidos: 15 de maio.

Prazo de formalización da matrícula: 23 de xuño ao 7 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut