Skip to Content

Encontros das Escolas Unesco

Este mércores, xoves e venres o noso centro volve participar nos Encontros das Escolas Unesco que teñen lugar na cidade de Pontevedra. Participan alumnado de 1º da ESO coas docentes Belén Jorge e Rosa Pérez.

Probas de acceso a ciclos

Xa está en curso o procedemento para poder presentarse ás probas de acceso a ciclos. Podedes consultar toda a información no seguinte enlace: CM e CS.

Probas de obtención de título da ESO por libre

A estas probas poden presentarse as persoas maiores de 18 anos. Os prazos de matrícula son:

para a convocatoria de maio: do 7 ó 18 de marzo

para a concocatoria de setembro: do 1 ó 8 de xullo

Poden consultar toda a información nesta páxina: http://www.edu.xunta.es/portal/node/18066.

130 aniversario de Castelao

O 30 de xaneiro celébrase o 130 aniversario de Castelao, figura polifacética e fundamental para a configuración do noso país como tal.

Neste enlace podedes consultar algunha información ó redor deste autor, pintor, político, ensaísta...

Resultado de imaxes para 130 aniversario castelao

Participación do noso instituto XVIII Encontro Internacional de Jovens Cientistas

O Pazo da Merce participará no XVIII Encontro Internacional de Jovens Cientistas das Escolas Asiciadas da UNESCO, que terá lugar en Santarem do 13 ao 16 de xaneiro.

O noso centro estará representado polos alumnos de 1 de Bac. Julián Pérez González e Xavier Simón Montero que exporán un traballo sobre a Educación nos campos de refuxiados.

Proxección

O venres 15 de xaneiro proxectouse o útlimo traballo do exalumno Adrián: a curta Castelos de fame. Nela participaron exalumnas/os e tamén estudantes actuais do noso centro de ensino.

Fíxonos moitísima ilusión a vinda do autor, do coprodutor e dun dos actores, como quedou patente pola alta asistencia de público.

Só nos queda darlles os parabéns a el e a todo o equipo que participou no proxecto pola alta calidade do resultado final do seu traballo. Mostra disto son os numerosos premios e recoñecementos que está a colleitar.

Parabéns e moitísimas grazas por virdes a presentárnolo!

Distribuir contido


by Dr. Radut