Skip to Content

Língua e literatura galega

Departamento de LÍNGUA E LITERATURA GALEGA

Visita a Guimaraes e Ponte de Lima

25 de Avril en Guimaraes e Ponte de Lima. O noso alumnado de portugués de 1° e 2° da ESO pasou un día fantástico en terras portuguesas. Muito obrigado!

 

Blog EquiPazo

Un espazo para compartir inquedanzas, intereses, pasatempos coa única condición de facelo en galego.

Para máis información fala co teu profesor de galego ou escribe a: 

ednl.pazodamerce@gmail.com

A nosa biblioteca é popular ;-)

Un video realizado polo noso alumnado sobre a biblioteca xunto co equipo EDLG, foi seleccionado para celebrar o 24 de outubro, día da biblioteca.

Estamos moi orgullosas da nosa rapazada!!

Parabéns!!

Enlace

Celebración das Letras Galegas

O pasado xoves 20 de marzo celebramos o Día das Letras Galegas. Desde a Biblioteca organizouse un concurso de cartalería para homenaxear a Xela Arias e aproveitouse este acto para lles entregar os premios ás gañadoras. O alumnado de 1º da ESO, da man da súa profesora Carmen Artos, participou coa lectura da vida e obras da autora e expuxeron os seus traballos sobre diferentes poemas da obra de Xela.

Farmapoesía: Día Mundial da Poesía

Este ano, para celebrar o Día Mundial da Poesía decidimos abrir a farmacia poética e ofrecer poemas como medicamentos. Así, coa rapazada de 1º da ESO e 3º PMAR levamos a cabo un proxecto que consistía en crear un medicamento que nos curase as "doenzas da alma".

Para iso, renomeamos medicamentos coñecidos por todos, creamos os prosprectos e os textos poéticos que nos sandasen de problemas como o medo, o mal de amores, a preguiza... A poesía cura!

Distribuir contido


by Dr. Radut