Skip to Content

Punto laranxa

Xa está dispoñible no instituto o "Punto laranxa contra o acoso e o ciberacoso escolar". O seu funcionamento é moi sinxelo, se estás a sufrir ou coñeces algún caso de acoso ou ciberacoso temos dúas opcións, deixalo na caixa de correo do punto laranxa, na planta baixa, debaixo das escaleiras principais ou podes comunicalo a través do enlace na nosa páxina web do instituto.

22 marzo 2024 - Fin do segundo trimestre do curso

Estimadas familias, chegamos ó fin do segundo trimestre deste curso 2023/2024:

Hoxe o alumnado levará para a casa o boletín de notas, tamén se publicarán por Abalar ás 15:00.

Desexamos teñades bos días de descanso e desconexión.

Vémonos de volta o martes 2 de abril.

Apertas de todo o persoal que traballa no IES Pazo da Mercé.

VI Feira de Ponteareas

Como cada ano, o noso alumnado de FP participou na Feira das Ensinanzas celebrada no Concello de Ponteareas. Nela, baixo a supervisión do seu profesorado, promocionaron os nosos ciclos de Sistemas Microinformáticos e Redes (CM) e Desenvolvemento de Aplicacións Web (CS).
 
Moitos alumnos e alumnas doutros centros mostraron interese polas nosas propostas polo que non descartamos que, nun futuro próximo, formen parte da nosa comunidade educativa.

XIX Olimpíada de Bioloxía

Parabéns á nosa alumna Lucía González de 2º BAC, que participou na XIX Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) na facultade de @bioloxia_uvigo da @universidadedevigo que organiza o @cobgalicia. Disfrutou da xornada acompañada por Lucía García, a nosa profe de Bioloxía. Noraboa pola experiencia!!

Proxecto Azores Solidarios

Ata o Xoves 21 participamos nunha recollida de material escolar para enviar a Merzouga (Marrocos) en colaboración co proxecto de Azores Solidarios, no que tamén colaboran acd_sanomedio @concelloasneves @efaacancela e os outros centros educativos do concello. Entrega a túa aportación en Secretaría. Convidamos a participar a toda a comunidade educativa. Grazas polas vosas aportacións!

Cinema con perspectiva

O pazo convertido nun plató de rodaxe coa xente do @ficbueu e o noso equipo de mediación, dentro do obradoiro "Cinema con perspectiva"
Distribuir contido


by Dr. Radut