O IES Pedregal de Irimia deixouse seducir polas ganas de celebracións do Entroido. Bailes, maquillaxes, perrucas, comparsas, foron protagonistas nunha festa na que todo o mundo gozou.

 

No marco do "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nas súas contornas", desde Vicedirección, en colaboración co Departamento de Orientación, organizouse unha charla destinada ao alumnado de 4º de ESO. Estivo a cargo de Ramón Peña, da Garda Civil, e achegounos ás "Novas Tecnoloxías" e a outras medidas preventivas a ter enconta no seu manexo. Tamén se tocou o tema dos videoxogos e os xogos on line de apostas. A prevención e a información son así fundamentais para ver os riscos que pode supoñer unha adicción coma esta.

Tags:

O 24 de febreiro conmemórase o día do nacemento de Rosalía de Castro; o alumnado do IES Pedregal de Irimia sumouse á celebración.

O 15 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha charla sobre "Igualdade de xénero", que se completou este mércores día 20 con dous obradoiros de sensibilización sobre "Linguaxe inclusiva (1º ESO) e "Estereotipos de xénero" (2º ESO).

As actuacións foron levadas a cabo por profesionais da asociación ALAR GALICIA.

A ONU declarou o 11 de febreiro "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia". Co gallo desta celebración, a Biblioteca Pública de Lugo organizou a xornada divulgativa "De maior quero ser...", sobre o papel da muller na actividade científica.

O alumnado de 2º e 3º de ESO do noso centro participou nesta xornada, organizada polos Departamentos de Orientación, Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas e Tecnoloxía. Ademais visitaron o Museo Provincial e a factoría madeireira de FINSA en Rábade.

Distribuir contido