O alumnado de 3º de ESO tivo o xoves 27 de novembro un obradoiro a cargo de Xosé Mosteiro Valle, do QUÉROTE + de Lugo. Sitúase dentro do bloque de saúde do Plan de acción Titorial do centro, e co que se pretende que a mocidade teña unha información fiable e que coñeza un recurso profesionalizado ao que poder recorrer en relación a este tema.

 

 

O día 26 de novembro o alumnado de 1º de Bacharelato participiu na actividade promovida pola  Asociación Caladiños e a Deputación de Lugo, ACHEGANDO A CIENCIA AOS CENTROS EDUCATIVOS. Visualizaron o documental realizado pola Asociación Caladiños sobre a Relatividade Espacial, para comprender o percorrido que seguiu Einstein ata chegar a enunciar unha das teorias científicas máis imponentes da historia. Acompañando á reprodución do documental, impartiuse a charla "Máis aló do plano inclinado", na que se profundizou na teoría da relatividade e na invisivilización da muller na ciencia. Para rematar realizouse un pequeno debate co alumnado sobre a súa futura educación académica no ámbito da ciencia.

23/11/2018

A Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller emitida pola Asemblea Xeral da ONU en 1993, define a violencia contra a muller como "todo acto de violencia que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vida privada"

Imaxe da páxina interactiva ONU Mulleres titulada "Violencia contra as mulleres. Feitos que todo o mundo debe coñecer".

O alumnado de 1º e 2º de ESO do noso centro asistiu o xoves, 15 de novembro, a unha charla dentro da VI edición do Plan "Navega con Rumbo", con preferencia para centros que participan no proxecto E-DIXGAL e os da rede ABALAR. O obxectivo era concienciar no uso reponsable de Internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura.

Así, o especialista do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) que acudiu ao centro, insistiu en ser conscientes dos contidos que se suben á rede, o contacto con persoas que non se coñecen, comentar cos adultos calquera situación incómoda, as contrasinais, enlaces de interese...

Distribuir contido