EDLG

Tags:

Hoxe 17 de maio, Día das Letras Galegas, saiu do prelo o último número da revista Latexos

 

Tags:

"Lugar máis hermoso                     

no mundo n'hachara                     

que aquel de Galicia,                     

¡Galicia encantada!"

Cada 24 de febreiro Galicia rende homenaxe a Rosalía con actos que lembran o día do seu nacemento. Como cada ano o IES Pedregal de Irimia celebra esta data.

 

O 3 de febreiro visitounos a investigadora e profesora do departamento de Filoxoxía Galega da USC, Ana Isabel Boullón Agrelo, para impartir unha charla sobre Por que nos chamamos así? os apelidos de Meira, conferencia que forma parte do programa A ponte entre o ensino medio e a USC. Dita charla estivo destinada ao alumnado de 4º ESO e 1º de BACH

Organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), celebrouse no Pazo de Feiras e Congresos de Santiago de Compostela o XVIII Concurso de relato oral "Tíralle da Lingua" ao que tamén acudiu alumnado do IES Pedregal de Irimia. O resultado foi moi positivo xa que alumnos de 1º de BAC acadaron o segundo premio na súa categoría.

Tags:

Coincidindo co Día das Letras Galegas, saíu do prelo un novo número da revista escolar Latexos.

Distribuir contido