Skip to Content

ESA - Adultos/as

MATRÍCULA CURSO 2023-2024 ESA (XANEIRO)

Muller rellenar formulario de solicitud Foto gratis

PRAZO: 9 ao 19 de XANEIRO de 2024

O alumnando que dexese incorporarse ás ensinanzas de Educación Secundaria para Persoas Adultas deberán cubrir e presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude de Admisión e Matrícula. Pódese descargar aquí.
  • Declaración de non estar escolarizado/a nas mesmas ensinanzas noutro centro. Pódese descargar aquí.
  • Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.
  • Fotocopia do DNI do/a alumno/a.
    • No caso de ser menor tamén deberá achegarse a fotocopia do DNI da nai, pai ou titor/a legal e a autorización para alumnado menor de idade.Pódese descargar aquí.
  • Fotocopia NUSS (Número de Usuario/a da Seguridade Social).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Resgardo do pagamento do seguro escolar en Abanca, Suc. Redondela.
    • Nº Conta: ES49 2080 5450 7530 4011 7398 (1,12‎€) [só as persoas menores de 28 anos].
  • Fotocopia compulsada do contrato laboral (só as persoas menores de 18 anos e maiores de 16, que non cursaran ensinanzas de FPB/PCPI).

Unha vez cuberta a documentación poderá presentarse entre o 09/01/24 e o 19/01/24 de dous xeitos:

1. Telematicamente

    • Descárganse os documentos (Solicitude de Matrícula e Declaración de non estar escolarizado/a) e cúbrense no ordenador.
    • Envíase toda a documentación como arquivo adxunto ao email do instituto: ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal. No asunto do correo electrónico debe figurar ‘MATRÍCULA: Curso_Nome alumna ou alumno’.

Dende o IES Pedro Floriani pregamos que se empregue preferentemente a modalidade telemática de envío dos formularios se é posible.

2. Presencialmente

    • Solicitarase cita previa enviando un correo co asunto “MATRÍCULA: Cita_Nome alumna ou alumno a citapreviafloriani@gmail.com.
    • Posteriormente descargaranse os documentos, imprimiranse na casa e levaranse xa asinados ao centro.

Calquera incidencia ou dúbida que poida xurdirlle ao alumnado sobre o proceso de matriculación, pode consultala no enderezo electrónico ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal ou no teléfono 886 12 04 13.

PERÍODO DE MATRICULACIÓN PERSOAS ADULTAS

Estudiar

O período de matriculación de persoas adultas para o curso 2023-24 desenvolverase a partir do día 1 de setembro- 8 setembro en horario de secretaría (9:30 a 13:30 horas).

AS CUALIFICACIÓNS DA AVALIACIÓN ORDINARIA DA ESA PUBLICARANSE POR ABALAR MÓBIL

Para poder acceder ás cualificacións, haberá que baixar a aplicación AbalarMóbil. Na parte superior desta páxina hai un link “abalar” no que se especifican as instrucións para facer a instalación do programa e poder consultar as notas.

No caso de necesitar o boletín de cualificacións en papel, deberán solicitar cita previa por teléfono (886 120 413) para recollelo presencialmente.

O PRAZO DE RECLAMACIÓNS SERÁ O 22 E O 23 DE XUÑO (PREVIA CITA).

Oferta educativa ESA

A oferta na ESA é a seguinte:

 

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións, das materias de educación secundaria obrigatoria cos módulos correspondentes da educación secundaria para persoas adultas.

EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

DENOMINACIÓN DO ÁMBITO DE COÑECEMENTO

ÁREAS OU MATERIAS

Comunicación

 

 

 

 

Lingua galega e literatura

 

Lingua castelá e literatura

 

Lingua estranxeira

 

Científico-tecnolóxico

 

 

 

Tecnoloxía

 

Matemáticas

 

Ciencias da natureza/ Bioloxía e xeoloxía

 

Física e química

Sociedade

 

 

 

 

Ciencias sociais, xeografía e historia

 

Educación para a cidadanía e os dereitos humanos

 

 

Ademais dos ámbitos anteriores, o instituto ten como oferta curricular a seguinte:

  • Módulos I e IV: FOL (Formación e orientación laboral)

  • Módulos II e III: Informática.

A ESA consta de catro módulos:

  • Módulo I e III cursaranse no primeiro cuadrimestre.

  • Módulo II e IV cursaranse no segundo cuadrimestre.

Distribuir contido


by Dr. Radut