Skip to Content

Equipo de Normalización Lingüística

UNHA SEMANIÑA ENTEIRA

Este ano, dende o Equipo de Dinamización Lingüística, sumámonos ao proxecto #aquítaménsefala, do IES Rafael Dieste de Coruña. Queremos "romper os prexuizos que pretenden dar unha imaxe distorsionada dunha suposta Galicia que non fala galego", como ben indican na propia web desta campaña.

Por eso mesmo, o luns 26 de febreiro comezaremos con... ✨UNHA SEMANIÑA ENTEIRA✨. Unha iniciativa lanzada desde os institutos de Redondela na cal teremos como reto falar galego as 24 horas durante unha semana enteira.

Non te perdas a oportunidade e achégate nos recreos ás actividades que estamos facendo. 

XELA ARIAS LETRAS GALEGAS 2021

I CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA

A historia da peregrina Exeria é unha desas historias inspiradoras que todo o mundo debería coñecer. Viviu no século IV d.C. e nesa época iniciou unha atrevida viaxe en solitario ata Terra Santa, Exipto e Mesopotamia. As súas impresións sobre o periplo, as paisaxes e as xentes que foi vendo durante meses recolleunas nun libro, o Itinerarium Egeriae.


En honor a esta curiosa e independente muller, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Pedro Floriani (Redondela), o IES Illa de San Simón (Redondela) e o IES Cabo Ortegal (Cariño) en colaboración coa Biblioteca, convocamos conxuntamente un certame de microrrelatos e fotografía en honor á primeira escritora galega da que se ten coñecemento.


O prazo de presentación será do 6 ao 23 de abril de 2021.
Os traballos enviaranse ao enderezo electrónico: ednlfloriani@gmail.com

Consulta as bases do certame no adxunto.

O LUNS, PARA EMPEZAR A FESTA, TRAE ALGO NA TESTA

ENTROIDO NO FLORIANI

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CURSO 2020-21

O Equipo de Dinamización Lingüística do Instituto Pedro Floriani durante o curso 2020-2021 está compuesto polos/as seguintes integrantes:

  • Coordinadora: Andrea Expósito Loureiro.
  • Profesorado: Jose F. Fernández Sampedro, Rosa Mª Ligero Valladares e Macarena López López.
  • Personal non docente: Rebeca Veloso González
  • Alumnado: Tania Alonso Míguez, Araiz Bastos Pereira, Raúl Berdomás Rodríguez, Marina Collazo Couñago, Susana Fernández Barciela, Joel Figueroa García, Yassin Ibrahimi Lorenzo, Iria Míguez Lorenzo e Gema Vergara Míguez.

O EDLG publica na súa conta de Instagram e no blog NormalizaciónFloriani.

LETRAS GALEGAS NAS NOSAS VOCES

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2020, dedicadas a Ricardo Carvalho Calero, o Equipo de Normalización Lingüística do instituto participou na gravación deste vídeo xunto a alumnado e profesorado do IES Cabo Ortegal de Cariño e o IES Pino Manso do Porriño.

Neste vídeo fanse lecturas de persoas homenaxeadas, desde o ano 1963 dedicado a Rosalía de Castro, ata chegar a 2020 dedicado a Ricardo Carvalho.

Moitas grazas mozos e mozas polas vosas lecturas!

Equipo de Normalización Lingüística

Dámosvos a benvida á páxina do Equipo de Normalización do IES Pedro Floriani. 

Se queres ver o noso blog, clica en NORMALIZACIONFLORIANI.

Enlace ao tradutor automático Gaio da Xunta de Galicia.


Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Distribuir contido


by Dr. Radut