Skip to Content

Calendario

CALENDARIO EXAMES ESA 2023/2024

PRESENTACIÓNS E INICIO CURSO 2023-2024

O tempo estimado de duración para as presentacións será de: 45 minutos.

O alumnado dirixirase ao salón de actos na hora indicada para o seu curso, e despois dunha breve presentación, serán acompañados polo profesorado titor de cada grupo ás súas aulas correspondentes.

Dado que o salón de actos está sito nun lateral do patio central, prégase non atravesar o edificio principal para o acceso a dito recinto.

As clases empezarán o martes 12, en horario habitual para todos os niveis.

AVISO: Non se disporá de transporte escolar o luns. As rutas de transporte comezarán o martes. O alumnado pode solicitar información na presentación se o precisa

CALENDARIO ESCOLAR 2021-22

Neste calendario aínda non aparecen reflectidos os días non lectivos do Concello:  serán levados a pleno en breve.

PRESENTACIÓNS PARA OS GRUPOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA PARA O CURSO 2021-22

O alumnado da FP Básica comezará as clases o día 23 de setembro no horario habitual: de 9:00 a 14:30 horas. 

HORARIO DE PRESENTACIÓNS DO CURSO 2021-22

15 E 16 DE SETEMBRO

Nas portas de entrada estará indicada a letra pola que debe acceder o alumnado ao centro.

O/As titores/as de 1º ESO esperarán ao seu alumnado na porta de entrada para acompañalo ás aulas.

Neste enlace poden acceder a toda a información sobre horarios de presentación e as aulas correspondentes a cada grupo. 

  • Lémbrase que non haberá servizo de autobús neste día. 
  • O alumnado deberá esperar fóra en ringleira de un en un, con distancia de 1'5 m.
  • Na aula, o/a titor/a ou un membro do equipo directivo daralle a benvida ao alumnado e explicará as normas, a organización e o funcionamento do curso. 
  • O alumnado levará á casa información impresa de importancia para pais, nais e titores/as. 
  • Unha vez rematada a presentación, o alumnado sairá pola mesmoa porta pola que accedeu ao recinto escolar. 
  • As familias non poderán acceder ao recinto escolar. Pregamos que eviten as aglomeracións e se manteñan a unha distancia de 1'5 m. 
  • O alumnado debe permanecer coa máscara posta e mantendo unha distancia de 1'5 m en todo o recinto en todo momento (páxina 14 do protocolo).

 

AS CLASES INICIARANSE AO DÍA SEGUINTE DA PRESENTACIÓN EN HORARIO COMPLETO

Distribuir contido


by Dr. Radut