Skip to Content

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

A admisión sería para o alumnado que non proveña de centros adscritos ou de nova incorporación ao centro.

Publicado na Orde do 19 de decembro de 2020.

Os prazos máis salientables para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado son os que se indican a seguir e, en todo caso, enténdense referidos ao ano natural:

1. Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

2. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. 3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

9. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

10. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

AdxuntoTamaño
AnuncioG0598-211220-0001_gl.pdf441.77 KB


page | by Dr. Radut