Skip to Content

PRAZOS DE MATRÍCULA 2022/2023

OS PRAZOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022/2023 SON OS SEGUINTES: 

1.  Do 23 de xuño ao 5 de xullo: alumnado que pasa a 2º curso de ciclos.

2.  Do 1 ao 10 de xullo: alumnado da ESO e BACHARELATO.

3. Do 19 ao 22 de xullo: alumnado Ciclos de nova adxudicación. 

4. Do 27 ao 29 de xullo: alumnado de Ciclos en 2ª adxudicación.

EXPOSICIÓN "MAREA FOTOGRÁFICA"

Álbum: CURSO 21-22 -> Marea Fotográfica

PROBA EXTRAORDINARIA DE FISIOPATLOXÍA APLICADA Á DIETÉTICA

A data de celebración da proba extaordinaria do módulo "fisiopatoloxía aplicada á dietética" será o xoves, 9 de xuño de 12:00 a 14:00 horas na aula de 1º de dietética.

DATAS PRESENTACIÓN PROXECTO INTEGRADO

Todos os proxectos pendentes de avaliar, presentaranse o mércores, 8 de xuño ás 11 horas, na aula de 2º de dietética.

A entrega en formato papel dos mesmos, fárase antes do luns día 6 de xuño, ás 11 horas.

Calendario de probas da convocatoria extraordinaria de1º e 2º Bacharelato

Neste calendario aparecen os días e horas  das probas das materias pendentes de 1º e 2º bacharelato para a convocatoria extraordinaria que se deben deselvolver entre o 20 e o 22 de xuño. 

CONVOCATORIA DE BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (NEAE)

O Ministerio de Educación e Formación Profesional vén de convocar as bolsas e axudas para alumnado con necesidades específas de apoio educativo (NEAE) para o curso 2022-23. Deben solicitarse a través da Sede Electrónica e, unha vez xerado o documento PDF, presentalo no centro de ensino no que se matricule o alumno ou alumna, xunto coa documentación que se requira.

Prazo de presentación: desde o 19 de maio ata o 30 de setembro.

Poden consultar máis información nas seguintes ligazóns: 

PRESENTACIÓN CURRÍCULOS EDUCATIVOS GALICIA

Na seguinte ligazón poden atopar información relativa ás materias que se impartirán, a partir do curso 2022-23 nos centros educativos de Galicia: 

Presentación currículos educativos Galicia

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

O mércores, 18 de maio, foi publicada no  DOG ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a p

MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS 2022

Algúns dos marcapáxinas creados polo alumnado de 4º da ESO na materia de TIC. 

Álbum: TECNOLOXÍA -> Marcapáxinas 2022

USO DA MÁSCARA NO CENTRO EDUCATIVO

Estimadas familias: desde o día 21 de abril, e con caráctar xeral, non é obrigatorio o uso de máscaras na maioría dos espazos interiores, incluíndo os centros educativos. Non obstante, a Consellaría de Educación publicou unhas directrices onde si se recomenda que se empreguen nalgúns casos, deixando sempre como última opción a decisión particular do usuario. 

Distribuir contido


by Dr. Radut