Menú base e dietas especiais do comedor durante o mes de decembro de 2023. (Para velo abrir o adxunto)
Profesorado do centro participa nas xornadas sobre diversidade sexual e de xénero nas aulas 2023
O profesorado do IES Ponte Caldelas ven de participar na formación impartida pola mediación do programa "Pinto e Maragota" do Concello de Pontevedra na temática da diversidade sexual e de xénero nas aulas.
O curso desenvolveuse o día 21 de outubro no Teatro Principal coa asistencia dunha importante representación do Claustro. Tratouse a temática dea diversidade sexual e de xénero desde diferentes ópticas aplicables nas aulas: cine, biblioteca, orientación e convivencia, teatro, … ademais tomouse contacto con boas prácticas en centros escolares neste eido e escoitamos charlas respecto da situación do colectivo LGTBIQ+.
Esta formación do profesorado debe complementar as actuacións que o centro fai para o fomento da igualdade e o respecto ás opcións sexuais e de xénero que se veñen facendo entre o alumnado.
EXAMES DE MATERIAS PENDENTES
Do 13 ao 17 de novembro terán lugar no noso centro os exames de materias pendentres segundo o calendario que figura no arquivo adxunto.
Os exames do xoves 16 de novembro pasan ao seguinte xoves 23 de novembro por mor da folga de alumnado convocada para o xoves 16.
MENÚ COMEDOR NOVEMBRO 2023
Menú base e dietas especiais do comedor durante o mes de novembro de 2023. (Para velo abrir o adxunto)
DÍAS NON LECTIVOS
Informamos que os centros educativos de Ponte Caldelas terán este curso como días non lectivos o 13 de outubro e o 20 de maio.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »