Skip to Content

Actividades

Apadriñamento virtual

 

APADRIÑAMENTO VIRTUAL CON ALUMNADO DO CEIP ANTONIO PALACIOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

 

 

O estado de alarma impediu facer a actividade programada de apadriñamento lector con alumnado do CEIP Antonio Palacios, na que ía participar alumnado noso de 2º ESO que se desprazaría ao colexio para ter unha sesión de lectura compartida con alumnado de infantil. Non nos resignamos a perder ese contacto e a participar nas celebracións da semana do libro e fixemos este apadriñamento virtual que o alumnado poderá ver desde as súas casas. Moitas grazas ao alumnado e profesorado participante.

 

 

A muller no deporte

Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dende a biblioteca do noso centro estamos a seleccionar títulos de películas e documentais relacionados coa muller no deporte.

 

 

 

Breve introducción aos títulos seleccionados:

I, Tonya: Sobre as dramáticas relacións persoais dunha campioa de patinaxe.

Girlfight: A historia dunha xove dun barrio humilde que se introduce no mundo do boxeo.

Offside: Comedia sobre a prohibición de que as mulleres asistan a eventos deportivos en Irán.

Roller Girls (Whip it): A paixón dunha rapaza por un estilo de patinaxe de contacto, o roller derby.

La reina de Katwe: A historia dunha xove xogadora de xadrez ugandesa que pouco a pouco vai progresando na sua disciplina.

A golpes: Historia de superación deportiva misturada con drama social.

Campeonas invisibles: documental sobre o efímero dos éxitos do deporte feminino e as dificultades para a súa visibilidade (dispoñible en YouTube)

Hoy partido a las tres: Paixón polo fútbol e relacións entre as compoñentes dun grupo de xogadoras nun barrio dunha cidade da Arxentina nun peculiar torneo. (Filmin)

Ladies first : Documental sobre a vida dunha arqueira india nun ambiente de pobreza e desigualdade de xénero. (Netflix)

Homeground: Serie de TV. Un equipo de fútbol da 1ª división norueguesa ten que buscar urxentemente un entrenador para empezar a liga. A elexida é unha muller. O problema é que nun mundo tan de homes non lle será fácil sair adiante (Filmin) 

La mujer que cambió la historia del maratón para siempre: charla con Kathrine Switzer, dentro da serie Aprendemos juntos, do BBVA, dispoñible en internet.

 

Día da Paz 2020

Unha vez máis celebramos o pasado 30 de xaneiro o Día escolar pola Paz. Dende o noso instituto queremos fomentar unha cultura da non violencia apostando por unha educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos. 

O alumnado mostrou a súa creatividade a través de poemas e cancións inspirados por este sentimento universal. 

 

Pincha aquí para acceder ao albúm de imaxes

 

Presentouse de forma inédita a canción "Autodestrucción" composta e interpretada por Daniel Rodriguez de 1º Bacharelato.

 

 

 

Podes ler os poemas recitados neste día polo noso alumnado pinchando aquí.

 

Un Conto de Nadal

O pasado 17 de decembro de 2019 fíxose unha lectura colectiva no Salón de Actos co alumnado de 1º ESO coincidindo coa sesión semanal da hora de ler. Coa colaboración entre os Departamentos de Inglés e Música e a Biblioteca na selección e adaptación de textos e imaxes, ambientación musical, decorados e dirección, alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas fixo a lectura de "Un Conto de Nadal", de Charles Dickens e alumnado de 1º ESO  acompañou a lectura cantando panxoliñas de Nadal.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut