Skip to Content

Actividades

Roteiro literario do club de lectura

O pasado 24 de abril os clubs de lectura de Biblioribeira visitaron a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, a Real Academia Galega e o Arquivo do Reino de Galicia.

4º Concurso Xuvenil de Microrrelatos

Parabéns as alumnas gañadoras do 4º Concurso de Microrelatos convocado por Amnistía Internacional Vigo

"Detrás de cada porta hai unha historia"

 

  • Premio do xurado, maiores 16 anos: Noelia Pérez Rey con  “Un futuro incierto”.
  • Premio do público, 14-16 anos: Sara Ortiz Lorenzo con  "Peter o bárbaro"

 

 

III Concurso de Microrelatos Amnistía Internacional

Parabéns aos nosos alumnos finalistas no III Concurso Xuvenil de Microrrelatos "Terra de Acollida" organizado por Amnistía Internacional. María Domínguez por "Orfandade e Iago Maceira por "Empatía no pasado" asistiron á entrega de premios o pasado 20 de abril na sede a ONCE en Vigo.

 

Iago e Maria con Manuel Núñez Singala

Iago e María co escritor Manuel Núñez Singala

Podes escoitar as súas voces dende os seguinte enlaces: 

"Orfandade"

"Empatía do pasado"

Concurso de poesía Rosalía de Castro, Accésit para "Constantes e Variables" de José M. Flores

De novo un alumno do noso centro obtivo o recoñecemento no concurso escolar de poesía Rosalía de Castro. Neste caso foi José Manuel Flores Fandiño de 2º de ESO. 

Coa súa obra "Constantes e Variables" obtivo o 2º accésit na categoría do 1º ciclo da ESO.

Parabéns dende Biblioribeira e a comunidade educativa do IES Ribeira do Louro!

Distribuir contido


by Dr. Radut