Skip to Content

XV FEIRA MATEMÁTICA

 O sábado 30 de abril un grupo de alumnas de 2º e 3º da ESO acudiron á Feira Matemática en Palexco (A Coruña).

 Os nosos stands estiveron cheos de participantes e moi ben atendidos por estas rapazas.

Aproveitaron ó día facendo matemáticas de forma distinta á habitual.

Axudaron ós máis pequenos a aprender matemáticas xogando e lembraron ós non tan pequenos as posibilidades de diversión do pensamento matemático.

Ademáis participaron nas actividades doutros centros, conseguindo "agapemos" e canxeándolos por agasallos.

Un traballo excelente e un comportamento exemplar. Noraboa!

Máis imaxes da xornada: Fotos1 Fotos2 Fotos3 Fotos4



page | by Dr. Radut