Skip to Content

Instalacións

O instituto por dentro

O edificio do IES Ricardo Carvalho Calero está formado por tres bloques simétricos coa entrada principal no bloque central. Todo o edificio está cableado para conexión a internet de alta velocidade e conta cunha rede wifi aberta na zona de biblioteca e cafetería. As súas instalacións inclúen: biblioteca, aulas abalar, aulas de grupo equipadas con canón e encerados dixitais, aulas de informática, aula TIC , aulas de audiovisuais, laboratorio de idiomas, laboratorios independentes de física, química e ciencias naturais, aula de tecnoloxía, aula de plástica, aula de música, aula de teatro, talleres de perrucaría e estética totalmente equipados, ximnasio con calefacción, pista polideportiva, amplos espazos verdes, cafetería e ascensores.
 
Os planos do centro poden verse pinchando na imaxe:
                                                                         
Distribuir contenido


by Dr. Radut