Skip to Content

Extraescolares

SEMANA DAS CIENCIAS

 Do 13 ao 17 de novembro festexamos a Semana da Ciencia. Como cada ano, o alumnado participou coas súas maquetas de células. Este ano, na súa terceira edición, este concurso estivo tan complicado para o xurado, que convocouse en varias ocasións a dito xurado dada a calidade e orixinalidade de cada unha das células presentadas. E, a pesar de que todos os participantes recibiron agasallo, as gañadoras foron: Clara(1ºBAC), Estela (4ºESO) e Nerea(4º ESO).

 Por aquí temos máis imaxes da Semana:

Semana1       Semana2       Semana3

Entrega de premios

E, en canto a concursos, tamén tivemos o concurso do logo do Club de Ciencias. Nesta ocasión, a alumna que brillou foi Ana Belén (1ºBAC). A súa creación innovadora fixo que a súa proposta fose a elixida para formar parte do Club de Ciencias.

Pero, non todo foron concursos, ao longo de toda a semana, o alumnado tivo a oportunidade de realizar xogos, retos e experimentos.

Os departamentos de Física e Química, Tecnoloxía e Matemáticas presentaron grazas a colaboración do alumnado a súa parte máis lúdica.

Grazas a todo o alumnado participante que ano tras ano consegue lembrar que a Ciencia é divertida e merece a pena invertir o seu tempo de lecer neste tipo de actividades.

Samaín 2022

O venres 28 de outubro festexamos o Samaín.

O alumnado participou nunha ximcana terrorífica na que competiron caracterizados  de forma grupal.

Algúns dos grandes músicos que temos no instituto, amenizaron nos recreos, e, por suposto, non faltou a proposta de "Aliméntate ben e móvete" repartindo castañas polo Magosto.

Tódos os grupos participantes loitaron polo premio e demostraron que traballando en equipo, os resultados poden ser excelentes.

O gañador da xornada foi 1º BAC A, que compartiu o seu premio (cea e noite no instituto) co segundo clasificado: 4º ESO.

Noraboa rapaces! 

E noraboa tamén a Pim Patiño, gañadora do diploma "Samaín 2022".

Temos máis imaxes da xornada nos seguintes enlaces:

Samaín1   Samaín2  Samaín3   Samaín4  Samaín5    Samaín6 Noite  ConcursoCabazas

Participación na G-NIGHT

O pasado 30 de setembro, o alumnado de 4º da ESO participou nas xornadas da G-Night no campus de Esteiro. Alí participaron en obradoiros de física e de matemáticas .

Cantos inxeñeiros e inxeñeiras sairán desta promoción?

SAÍDA FIN DE CURSO: VISITA EN BARCO Ó CASTELO DE SAN FELIPE

O pasado 14 de xuño, o alumnado da ESO realizou unha saída para finalizar o curso.

Nos seguintes enlaces, temos as imaxes da xornada:

Barco   Barco e Castelo  Castelo  

Castelo2  Castelo3   Castelo e andaina

A Cabana   A Cabana e volta 

Realizaron unha viaxe en barco pola ría de Ferrol, cunha excepcional guía (a nosa quereida Malay) que rematou no Castelo de San Felipe.

Despóis, aproveitaron o tempo para relizar unha ruta  camiñando de volta a casa. 

Pararon no parque da Cabana para xantar, xogar e como non, facer unha guerra de auga. Alí,nin o alumnado nin o profesorado libráronse dunha boa e refrescante molladura.

E finalmente, despois de 17,5km camiñando, volveron ó instituto.

Foi un día moi aproveitado para fomentar a convivencia e a boa saúde física do noso alumnado. 

Moi boa andaina rapaces! Noraboa!

GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

 Este curso o noso alumnado de 2º de bacharelato sorprendeunos cunha graduación espectacular.

Un acto divertido, cuns presentadores inusuais, onde os titores despediron a este gran grupo e onde o alumnado tivo tamén diplomas e agasallos para o seu profesorado.

 

Foi un bacharelato duro, marcado pola pandemia.

Marcado por máscaras que impediron coñecer o rostro de compañeiros e profesores, por unhas restriccións que impediron as relacións sociais, e aínda así, este alumnado conseguíu o seu obxetivo, graduarse con éxito.

Desexamos moita sorte a este fantástico grupo e esperamos a súa visita nun futuro, cando sexan grandes profesionais no seu campo. 

Excelente traballo!

Nos seguintes enlaces temos máis imaxes do evento:

Fotos1  Fotos2  Fotos3   Fotos4   Fotos5   Fotos6   Fotos7

MAKER FAIRE GALICIA

David e Paula de 1º de bacharelato acudiron o venres 3 de xuño á Maker Faire Galicia no Gaiás (Santiago de Compostela) para presentar o seu proxecto "Pisando Forte".

Ademáis poideron aprender dos proxectos dos demáis participantes e trouxeron novas ideas.

Noraboa pola vosa participación! 

VISITA Á AULA NEWTON GALICIA

 

O 27 de maio, o noso alumnado de ciencias de 3º e 4º da ESO acudíu á Aula Newton Galicia (Tecnópole) en Ourense.

Comezaron voando uns drons e remataron facendo un completo plan de voo que practicaron nuns auténticos simuladores de voo.

Unha mañá de actividades produtivas .... sairá deste grupo algún piloto ou enxeñeiro de voo? 

 E despois dunha dura e calurosa mañá de traballo, nada mellor que unha pequena praia... en Ourense? ...  Si, na orilla do Miño: a Praia de Antena.

Boa forma de refrescarse un pouco.

Temos máis imaxes do día:

Fotos1   Fotos2   Fotos3    Fotos4

 

 

XV FEIRA MATEMÁTICA

 O sábado 30 de abril un grupo de alumnas de 2º e 3º da ESO acudiron á Feira Matemática en Palexco (A Coruña).

 Os nosos stands estiveron cheos de participantes e moi ben atendidos por estas rapazas.

Aproveitaron ó día facendo matemáticas de forma distinta á habitual.

Axudaron ós máis pequenos a aprender matemáticas xogando e lembraron ós non tan pequenos as posibilidades de diversión do pensamento matemático.

Ademáis participaron nas actividades doutros centros, conseguindo "agapemos" e canxeándolos por agasallos.

Un traballo excelente e un comportamento exemplar. Noraboa!

Máis imaxes da xornada: Fotos1 Fotos2 Fotos3 Fotos4

A MOCIDADE COA LINGUA

O xoves 7 de abril, o alumnado de 3º da ESO, 1º de BAC e 2º de BAC gozou dunha fantástica mañá chea de actuacións de moita calidade. Entre elas, a actuación de "As fillas do crego", o grupo musical do noso instituto que tivo uns presentadores incribles : Paula e Andrés.

Moitas grazas a toda a mocidade que participou, estaremos esperando á próxima edición.

Actividade para o benestar emocional do alumnado de 2º de bacharelato

Todos sabemos o complicada que é esta etapa para o noso alumnado de 2º de bacharelato:a preocupación, o estrés, as decisións que teñen que tomar... todo suma. 

Pero, queremos que a superen da mellor maneira posible, por iso, o martes 5 de abril, tiveron una sesión de Relaxación a cargo de Anna de Ashtanga Yoga Ferrol.

Distribuir contenido


by Dr. Radut