Skip to Content

Samaín 2022

O venres 28 de outubro festexamos o Samaín.

O alumnado participou nunha ximcana terrorífica na que competiron caracterizados  de forma grupal.

Algúns dos grandes músicos que temos no instituto, amenizaron nos recreos, e, por suposto, non faltou a proposta de "Aliméntate ben e móvete" repartindo castañas polo Magosto.

Tódos os grupos participantes loitaron polo premio e demostraron que traballando en equipo, os resultados poden ser excelentes.

O gañador da xornada foi 1º BAC A, que compartiu o seu premio (cea e noite no instituto) co segundo clasificado: 4º ESO.

Noraboa rapaces! 

E noraboa tamén a Pim Patiño, gañadora do diploma "Samaín 2022".

Temos máis imaxes da xornada nos seguintes enlaces:

Samaín1   Samaín2  Samaín3   Samaín4  Samaín5    Samaín6 Noite  ConcursoCabazas



page | by Dr. Radut