Skip to Content

Visita ao Museo de Pontevedra

O pasado xoves 9 de novembro, o alumnado de 2º bacharelato que cursa a materia de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia, visitou o Museo de Pontevedra acompañado polo seu profesor Pablo Alonso de Vega, co fin de coñecer as orixes, costumes e patrimonio do pobo galego que conservan os fondos do museo provincial.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Visita ao Museo de Pontevedra

Enreguéifate

O alumnado de 2º ESO está a recibir, ao longo destes días, uns obradoiros sobre regueifas impartidos por dous dos máis grandes neste campo na actualidade: Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.

Polo interese e a participación que amosa o alumnado nas fotos parece que o obradoiro foi do seu agrado.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Obradoiro de regueifas con 2º ESO

Monólogos do Máis Alá

O alumnado de Oratoria de 3º ESO visitou o CEIP Campolongo  este martes 7 de novembro, colexio ao que moitos se sinten vinculados pois foron alumnos e alumnas anos atrás e do que gardan moitos recordos.

A visita realizouse para representar os "Monólogos do máis alá"ante o alumnado de 6º de Primaria. Estes monólogos están baseados nos contos da obra de Emma Pedreira titulada "A parte dos Anxos". As historias terroríficas que relatou o alumnado de Oratoria, dirixido polas suás profesoras Salomé Díaz e Conchi Díaz, parece que gustaron e asustaron aos máis pequenos, que atenderon con todos os seus sentidos alerta... polo que puidera pasar.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Monólogos do máis alá

Charla de Daniela Fernández sobre activismo LGTBI

Hoxe tivemos connosco a Daniela Fernández, Doutora en Historia e investigadora no ámbito LGTBI, para falarnos de disidencia sexual en Galicia.

Esta actividade, que se desenvolve en dúas quendas (6 e 13 de novembro) para o alumnado de 4ESO, enmárcase dentro Programa Pinto e Maragota do Concello de Pontevedra.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Charla activismo LGTBI

Inscripción viaxe a Astún (alumnado de 3º ESO)

Pique no seguinte enlace para realizar a reserva da viaxe á estación de esquí de Astún, en Jaca, provincia de Huesca: 

https://wastingtimecompany.com/inscripcion/?idG=10707508&e=everyone&k=61e55550035901e2b338d955a56519f0

Se necesitan contactar coa empresa organizadora poden facelo a través do seguinte correo:  

Hola@wastingtimecompany.com

"Que non te líen, ti elixes"

O pasado venres 3 de novembro, o alumnado de 3º ESO recibiu a visita da secretaria xeral de Fearmaga (Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madeiras de Galicia), Ana Mª Oróns Mata e de Antía Ares Carril, enxeñeira forestal con especialidade en explotacións forestais, ademais de técnica en xestión forestal e do medio natural.

Estas dúas mulleres con postos de responsabilidade en Fearmega,  ofreceron unha charla no paraninfo solicitada a "Que non te líen, ti elixes", campaña promovida pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. 

O obxectivo desta charla, proporcionada por mulleres referentes no sector empresarial, é favorecer a orientación vocacional, libre de estereotipos, na elección de itinerarios formativos onde a presenza de mulleres é menor.

        

 

 

 

Samaín 2023: o psiquiátrico dos berros

O luns 30 e o martes 31 de outubro, o alumnado de 2º TSEASD realizou un gran traballo, xunto ao seu profesor José Víctor Cimadevila, para que todo o alumnado da ESO pusexe as súas gorxas a proba,  recreando un hospital psiquiátrico cheo de horrores.

Os berros que se escoitaron no Sánchez Cantón botaron fóra todos os malos espíritus que puideran visitarnos este curso. ¡Vade retro!

https://www.pontevedraviva.com/xeral/99269/tunel-terror-instituto-sanchez-canton-2023-psiquiatrico-gritos/

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Samaín 2023

Representación de "O Gatipedro" no CEIP Campolongo

Este curso tivemos a oportunidade de participar no Samaín do CEP Campolongo cunha obra de teatro titulada O Gatipedro, baseada na personaxe mítica cunqueiriana.

Representárona o 31 de outubro, dez alumnos e alumnas de 4ºESO que colaboran nas actividades do EDLG e do CI. Tomaron como punto de partida o texto narrativo O Gatipedro de Jacobo Paz e adaptárono teatralmente incluíndo novas personaxes, escenarios e aventuras.

Foi unha experiencia fantástica, non só pola acollida do alumnado e profesorado do CEIP Campolongo, senón tamén porque moitos dos intérpretes volveron ao seu cole e reencontráronse cos seus profes. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> O Gatipedro en Campolongo

Entrega de premios do concurso de relato curto de Halloween

O martes 31 de outubro fíxose a entrega dos premios de relato curto de Halloween para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do IES Sánchez Cantón, organizado polo departamento de inglés en colaboración coa biblioteca.

Os premios, dúas tarxetas regalo con 4 entradas cada unha para unha escape room, correron a cargo do centro e a ANPA O Verxel. As alumnas premiadas foron Ana Trabazo Torres, alumna de 1º de Bacharelato, e Helena Guimeráns Fernández, alumna de 2º de Bacharelato. Parabéns para as premiadas!

Agradecemos a colaboración da ANPA que subvencionou o premio para o relato ganador de 1º bacharelato.

Relato ganador 1º bacharelato: 

https://drive.google.com/file/d/18rP2seSVLPw1vV64PudL8OpGhoQK9anu/view?usp=drivesdk

Relato ganador 2º bacharelato:

https://drive.google.com/file/d/1IW4TmKqqMMatGlqndCPy9d0cTPJyqb_B/view?usp=drivesdk

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Premios "Scary Story Contest"

Lectura e representación de contos de terror en Campolongo

A mañá do luns 30 de outubro, o alumnado do club de lectura de 1º de ESO e o alumnado de 1º ESO B participamos na inauguración da biblioteca do IES Campolongo (centro adscrito ao noso IES) cunha sesión de contacontos de medo realizada pola nosa rapazada e dirixida ao alumnado de 4º de primaria.

Unha pequena versión de Un ollo de vidro de Castelao e unha lenda xaponesa sobre os Gunnis constituíron a parte central da nosa posta en escea, ademais de pequenos relatos e microrrelatos que foron o deleite dun marabilloso público nun espazo terrorífico maxistralmente ambientado.

Tralos nervios iniciais, o noso alumnado non decepcionou ao auditorio. Eles e elas mesmos desfrutaron de poder compartir historias cos mociños e mociñas de 4º na súa antiga escola.

Apertas e abrazos, sorrisos e emotivos saúdos ao seu anterior profesorado completaron a sesión.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Lectura de contos de terror en Campolongo
Distribuir contido


by Dr. Radut