Skip to Content

Semana Blanca en Astún

O noso alumnado de 3º ESO xa regresou da viaxe á estación de esquí de Astún, en Huesca.

Polas fotos que nos mandaron parece que non había moita neve, pero iso non impediu que a rapazada desfrutase daetas vacacións invernais. Desconectaron do académico para voltar con forzas renovadas e encarar o resto do trimestre.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Semana Blanca en Astún

"Aquí tamén se fala galego"

O IES Sánchez Cantón participa na campaña de dinamización lingüística "Aquí tamén se fala galego" que iniciou o instituto Rafael Dieste de A Coruña e que apoia o conocido actor Viggo Mortensen. As nosas coordinadoras do EDLG, Salomé Díaz Muñiz e Concepción Díaz Candán, incorporáronse inmediatamente a este reto. Así, o noso centro integrouse no proxecto en canto tivo a oportunidade e xa pertence ao grupo de institutos pioneiros a nivel galego.

Estas iniciativas fan do Sánchez Cantón un centro á vangarda das innovacións.

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/ies-da-cidade-sumanse-campana-do-galego-que-liou-viggo-mortensen/202401231015471288773.html

 

Aprendendo esgrima e patinaxe sobre xeo

O alumnado de 1º TSEASD que recibe clases no CGTD, acudiu a unha sesión de esgrima co seu profesor Marcos Fandiño Reissmann. O director da Escola Hungaresa de Esgrima (Adrián Cubela) realizou unha aproximación e iniciación ao deporte orixinal, diferente e inclusivo de implemento. Varios alumnos manifestaron o seu interese por este deporte que non coñecían e, concretamente un deles, empezará a adestrar co devandito club coa intención de quedar de monitor a medio-longo prazo.

A época de Nadal permitiu tamén gozar e coñecer o deporte do patinaxe sobre xeo, xa que é o único momento no que se montan este tipo de pistas en Pontevedra. 

Tanto Esgrima como Patinaxe sobre Xeo son dúas actividades que están asociadas a dúas materias impartidas neste ciclo polo profesor Marcos Fandiño Reissmann.

E como colofón á práctica destas actividades, o alumnado foi convidado por Pablo Hinojar (adestrador da selección española de Ximnasia Deportiva), que se atopaba traballando durante uns días no CGTD, a asistir ao seu entrenamento. 

Estes futuros Técnicos Superiores en Animación Socio-Deportiva están recibindo e aplicando unha formación que os mantén activos e ilusionados. 

  Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Aprendendo esgrima e patinaxe sobre xeo

Programme Cinéfolie

O Departamento de Francés, representado polas profesoras Vanessa Domínguez e Marta Basante, ven de organizar un ciclo de cine francés en versión orixinal para todo o alumnado e as familias que queiran participar.

Adxuntamos o programa para todos aqueles que estean interesados. Pica na imaxe para descargalo.

Portada do programa

Páxina 2

 

Estudando o río Gafos

Este curso, o IES Sánchez Cantón participa no Proxecto Ríos da Xunta de Galicia. A súa coordinadora, a profesora de Física e Química Paula Calvo, realizou hoxe unha visita ao río Gafos co grupo de Proxecto Competencial de 3°ESO B e o Ámbito Científico de 4°PDC.

A actividade inclúe o apadriñamento dun anaco de río e o estudo de diferentes características físico- químicas e biolóxicas. Estudaranse estes aspectos en varias saídas de campo (a de hoxe e outras dúas máis, de momento).

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Proxecto Ríos

Viaxe a Lisboa

Imaxes do noso alumnado de 1º bacharelato durante a súa visita a Portugal.

Pica an foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Lisboa

Visita á catedral de Santiago

Un curso máis, o alumnado de Relixión visitou a catedral de Santiago acompañado polo seu profesor Juan García Lorenzo. Espertar o interese pola cultura a través das viaxes didácticas segue a ser un labor prioritario para a docencia. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Visita á catedral de Santiago

Julia Varela Ruano, madriña da promoción 2023

A xornalista Julia Varela Ruano, exalumna deste centro, convertiuse o día 21 de decembro na madriña da xeración de 1º ESO.

Dende o primeiro momento en que o centro se puxo en contacto con ela para solicitar esta petición, a comunicadora manifestou a súa plena disposición e o seu interese por desenvolver o rol de madriña deste alumnado que hoxe ten 12 ou 13 anos.

O sinxelo acto consistiu nunha entusiasta acollida por parte do alumnado, que elaborou unha presentación explicando a biografía da súa madriña e os logros profesionais obtidos ao longo da súa carreira. 

Pola súa parte,Julia manifestou a súa emoción por voltar ao instituto que a viu formarse e onde encamiñou os seus pasos cara a profesión que hoxe exerce, amosando a súa boa predisposición e manifestándose moi cariñosa con todos os rapaces e rapazas, contestando con paciencia infinita a todas as súas preguntas e resolvendo as dúbidas e curiosidades que lle plantexaron.

Non podemos estar máis contentos da madriña desta xeración, coa cal manteremos comunicación ao longo dos anos vindeiros para que os seus afillados e afilladas non perdan o contacto. 

Moitas grazas, Julia! 

Aquí deixamos unha pequena mostra do que sucedeu neste acto de amadriñamento. Os nosos recursos son moi limitados, pero queriamos compartir estes momentos.

Felicitación

 Desexamos a toda a Comunidade Educativa

Bo Nadal e Feliz Ano Novo

 

 Autora: Patricia Paisa Domínguez (1º ESO B) 

Baile de Fin de Ano

O alumnado do CGTD puido asistir este ano ao Baile de Fin de Ano que celebramos para todo o alumnado o último día antes das vacacións de Nadal.

As súas múltiples obligacións deportivas non lles impediron desfrutar destes momentos de diversión e alboroto.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Baile de fin de ano CGTD
Distribuir contido


by Dr. Radut