Skip to Content

Charla de María José Alonso Veloso, catedrática de Filoloxía da USC

Este luns 15 de abril recibimos a visita de María José Alonso Veloso, catedrática do Departamento de Lengua y Literatura españolas, Teoría de la Literatura y Lingüística General,  da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). 

A profesora deu unha interesante clase maxistral na que explicou ao alumnado de 1º bacharelato o labor que desenvolven os filólogos na salvagarda e integridade dos textos literarios, así como da importancia da transmision fiel da vontade de estilo dos escritores co fin de conservar a pureza do noso patrimonio literario. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> O patrimonio literario

Charla sobre as ABAU

O profesor xubilado Anxo González Guerra, visitou o noso centro para falar co alumnado sobre as probas ABAU a partir da súa longa experiencia como docente, proporcionando un enfoque menos académico e máis emocional.

Como sabedes, para preparar selectivo hai un espazo web coñecido a nivel galego que é OGALEGO.EU detrás do que está o noso exprofe de LGL Anxo Guerra e a súa muller Vitoria Ogando, que tamén foi profe no instituto veciño, o IES Valle Inclán.  Anxo visitounos para aconsellar aos nosos e a alumnos de 2ºBACH que en breve se enfrontarán á proba de galego nas ABAU.

lIGAZÓN: https://www.instagram.com/p/C5yT7HTM83t/?img_index=1

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Charla de Anxo González Guerra sobre as ABAU

Curso de Biotecnoloxía

Alumnado de 1º e 2º bacharelato realizou un breve curso sobre biotecnoloxía, organizado pola súa profesora Chus Crugeiras, os días 10 e 11 de abril. Esta exhaustiva práctica tiña por obxectivo a comprensión da teoría a través da práctica. Así, o alumnado aprendeu sobre o material xenético e a súa manipulación, realizou extracción de ADN, de PCR, fixo migración en xel de agarosa, clonación de produtos da PCR...recibindo as explicacións necesarias de primeira man e resolvendo todas as dúbidas que foron xurdindo.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Práctica de Bioloxía

Interecambio co alumnado do instituto Helmholtz-Gymnasium de Bonn

O alumnado alemán que realiza o intercambio co noso alumnado de 1º bacharelato, está realizando unha serie de actividades para coñecer mellor Pontevedra e o seu entorno.

O pasado xoves pola mañán fixeron un paseo literario por Pontevedra coa coordinadora dos Clubs de Lectura, Anxos Rial, e leron fragmentos de obras pertencentes a escritores significativos na nosa cidade.

Pola tarde, acudiron ao Museo de Pontevedra acompañados polos profesores Humberto Martínez e José Luis Rodríguez, que actuaron como cicerones, mostrándolles a riqueza cultural que alberga nas súas salas.

O venres 12  viaxaron ata Santiago de Compostela para coñecer esta cidade tan importante, alomenos, no mundo occidental.

O sábado 13 achegáronse ata Vigo, onde subiron ao Monte do Castro e coñeceron o descoñecido vínculo de Julio Verne con esta cidade.

O domingo 14 foi día familiar e así o alumnado alemán coñeceu desde dentro a idiosincrasia dunha familia galega contemporánea.

O luns 15, o profesor Anxo Gómez, profundo coñecedor dos xogos tradicionais galegos, practicou con eles diferentes entretementos. Posteriormente, acudiron ao Concello de Pontevedra, onde foron recibidos polo alcalde da cidade.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Intercambio co instituto Helmholtz-Gymnasium de Bonn

Obradoiro de radio co equipo de Ponte nas Ondas

Como sabedes, este curso somos un centro Ponte nas Ondas e estamos a produndizar no ámbito dos monicreques tradicionais, en concreto, na figura de Barriga Verde. Dende o EDLG, CI e a materia de Oratoria, pretendemos dar a coñecer esta figura mediante programas de radio para o que foi preciso formarnos. Fixémolo con Santiago Beloso, profe de Lgelit xa retirado que nos ensinou como enfrontarnos a esta tarefa: https://www.instagram.com/p/C5q-eweMpzj/?img_index=1

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Obradoiro de radio con Santi Beloso

Inscripción viaxe a Pena Aventura (4º ESO)

 Pique no seguinte enlace para realizar a reserva da viaxe ao parque de Pena Aventura en Portugal: 

https://wastingtimecompany.com/inscripcion/?idG=11319908&e=everyone&k=07279bec4d22f31ef8fc88bb1636791e

Se necesitan contactar coa empresa organizadora poden facelo a través do seguinte correo:

 Hola@wastingtimecompany.com

 

Pazo de Meirás e roteiro en A Coruña sobre a escritora Luisa Villalta

O pasado martes 2 de abril, alumnado dos Clubs de Lectura "Nube de Palabras", incluido o alumnado do  CGTD, e alumnado axudante da nosa Biblioteca "Charo Sánchez-Gabriel", desfrutaron dunha visita guiada ao Pazo de Meirás despois de realizar a lectura do libro de Eva Mejuto: "A ladroa da biblioteca de Meirás". Foi o xusto premio outorgado polos seus coordinadores Anxos Rial, María Gómez e Fernando Tomé, ao traballo e o esforzo desinteresados desenvolvidos a diario por estes rapaces e rapazas 

Pola tarde, algúns alumnos e alumnas realizaron un roteiro pola cidade de A Coruña acompañados pola escritora Eli Ríos, que os guiou polos espazos nos que discorreu a vida e a obra de Luisa Villalta, escritora, filóloga e violinista galega á que se lle adica o día Día das Letras Galegas neste ano 2024. Ninguén mellor que Eli Ríos para levar a cabo este labor, xa que é coautora do libro "Alma de violino", biografía de Luisa Villalta.

O noso alumnado foi acompañado nesta xornada literaria polo Club de Lectura do IES A Xunqueira II e a súa coordinadora, Eva López.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Visita ao Pazo de Meirás

Becas 24/25

BECAS CURSO 24/25

ENSINO POSTOBRIGATORIO

 

Persoas beneficiarias

Convocatoria de becas de carácter xeral para o curso académico 2024-2025, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios:

  • Bacharelato.
  • Formación profesional.
  • Estudos universitarios
  • Ensinanzas artísticas profesionais.
  • Ensinanzas deportivas.
  • Ensinanzas artísticas superiores.
  • Estudos relixiosos superiores.

  

Prazo de presentación

A solicitude de beca tanto para estudos universitarios coma non universitarios, estenderase desde o día 19 de marzo de 2024 ata o 10 de maio de 2024, ás 15.00 hora peninsular.

 

Solicitude

Deberá cumplimentarse mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica (https://sede.educacion.gob.es ou http://www.educacionyfp.gob.es)

 

Información:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Normativa

 

Visita a Ourense

O alumnado de 2º ESO que cursa Relixión, desfrutou hoxe dun día de asueto  despois dunha cansada recta final de avaliación. 

Como podemos ver nas fotos, visitaron a catedral de Ourense e coñeceron algúns lugares emblemáticos da cidade.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Visita á catedral de Ourense

Xogos con 3º de Primaria

O alumnado de 1º TSEASD colabora unha vez máis coa Agrupación de Centros de Primaria realizando xogos dirixidos ao alumnado de 3º dos diferentes colexios do concello de Pontevedra.

No Pavillón Municipal desenvolvéronse hoxe varias actividades: xadrez, rugby, judo, esgrima e RCP- primeiros auxilios. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Xogos con 3º Primaria
Distribuir contido


by Dr. Radut