Skip to Content

Charlas Muller e Ciencia en colaboración coa Universidade de Vigo

Do mesmo xeito que en cursos anteriores,  para celebrar o día da Muller na Ciencia, participamos nas conferencias que ofrece a Universidade de Vigo dentro do programa Quero ser investigadora.

Deste xeito o alumnado de 4º da ESO do ISC puido coñecer máis ce preto o labor investigador de Irimia Mollinero, Doutora en Fisioterapia que centra a súa investigación en enfermidades como o alzhéimer. Por outra banda,  o alumnado de 3º e 4º do CGTD, asistiu a unha conferencia da doutora e especialista en Ciencias do Mar, Paula Diz Ferro.

Esta actividade foi organizada polo CI, o EDLG, en colaboración co equipo de Convivencia, Club de Ciencia e Club contra o Cambio climático.

Pica na foto para ver o álbum 

 

Álbum: Actividades -> Día da Muller na Ciencia

Xuntanza dos Comités de Igualdade do IES Sánchez Cantón e o IES Valle-Inclán con Montse Fajardo

O xoves 22 de febreiro celebrouse no noso centro unha xuntanza de Comités na que tamén participou a escritora, xornalista e defensora dos dereitos da muller Montse Fajardo.  A intención era propor ideas para a elaboración do manifesto do Concello para o 8M.  Este intercambio resultou do máis produtivo, non só por compartir coñecementos, tamén porque os membros do noso Comité tiveron a oportunidade de coñecer a compañeiras doutros comités. Trala chuvia de ideas, decidiuse que fose Martiña Alexandra Riobó Touriño, presidenta do Comité de Igualdade do IES Valle Inclán  quen  elaborase e  lese o manifesto no Pleno Municipal do 26 de febreiro. Aquí vos deixamos unhas fotos da xuntanza e os enlaces á reportaxe que  fixeron varios diarios da lectura do manifesto:

https://pontevedraviva.com/xeral/102122/manifiesto-dia-internacional-muller-concello-pontevedra/?lang=gl

https://www.diariodepontevedra.es/gl/articulo/pontevedra/mentres-non-haxa-igualdade-real-habera-loita-feminista/202402261453231293648.html

Pica na foto para ver o álbum

 

Álbum: Actividades -> Xuntanza de Comités de Igualdade

"As alumnas": obra de teatro de Paula Carballeira

O alumnado de primeiro de Bacharelato do IES Sánchez Cantón asistiu á representación, no Teatro Principal, da obra As alumnas de Paula Carballeira, dirixida por Fina Calleja e inerpretada por  Anabell Gago e Mónica Camaño. O texto, Premio Nacional de Literatura Dramática, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Teatro: "As alumnas"

Exposición de rock bravú (1994-2014)

O EDLG achegounos durante o mes de xaneiro e febreiro unha fantástica exposición cedida polo SNL do Concello de Pontevedra. Mais que é e como xorde o Rock Bravú? Unha noite Santos de 1994, nunha taberna de Viana, Chantada, naceu o bravú. Unha etiqueta creada polos propios músicos que serviu para bautizar o rock cantado en galego, magma vizoso que entón estaba a agromar por todo o país. Vinte anos despois cómpre lembrar o comezo desta aventura. Unha referencia cultural e unha proposta de traballo colectivo que as persoas máis novas teñen dereito a coñecer. O bravú comezou sendo guitarra e distorsión, mais axiña estendeu o seu berro de vida por outros camiños. Esta exposición recolle ese proxecto de axitación xeral, alicerce dunha tradición, e tamén impulso creativo para os novos tempos.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Rock bravú

Obradoiro de sexualidade

O alumnado de 3º ESO estivo a recibir durante este 2º trimestre unha serie de sesións sobre sexualidade impartidas por persoal da Cruz Vermella.

A actividade foi xestionada pola profesora de Bioloxía, María Rey, e a orientadora, Marisa Gayoso, co fin de dar a coñecer cuestións relacionadas co tema que preocupa moito nestas idades e no que, a pesar do acceso ao mundo da información que posúe a xente nova, detectamos carencias e dúbidas que nos parece importante resolver. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Obradoiro de sexualidade

Xornada deportiva con Primaria

O pasado mércores 21 de febreiro, o alumnado de 2º TSEASD, en colaboración coa Agrupación Deportiva de Colexios de Primaria de Pontevedra, realizou 5 actividades diferentes na zona da Alameda con 251 alumnos de 5º de Primaria de varios colexios do concello.

As 5 actividades deportivas foron: loita olímpica, baile deportivo, ciclismo, orientación e xogos tradicionales como a chave, o trompo, a rá, os bolos celtas ou o peletre.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Xornada deportiva

Entroido 2024

Un ano máis unímonos a esta festa do entroido, tan popular en Galicia: unha tradición que debemos conservar e apoiar desde o ámbito educativo.

O noso alumnado traballou moitísimo preparando as súas actuacións, axudado polos seus titores e profesores que, en moitas ocasións, cederon as horas de clase para que eles puideran desenvolver toda a creatividade e coordinación, loitando por aspirar a un premio delicioso, como é a merenda na cafetería de Carol.

O claustro deste centro entende que a formación do alumnado non só se atopa nos libros de texto, en edixgal ou nas disertacións puramente académicas, senón tamén na colaboración,na inclusión, na atención a todas as necesidades que supón a organización dun evento multitudinario no que participa o centro en pleno: 1050 alumnos e alumnas, así como 86 profesores, representantes da ANPA, exalumnos e persoal non docente. 

Todos formamos parte da festa porque entendemos a educación do alumnado dun xeito amplo, na que valores como o traballo en equipo son imprescindibles.

 

Pica no álbum para ver as fotos

 

Álbum: Actividades -> Entroido 2024

Actividades proxecto "Ponte a Zero" da Deputación de Pontevedra

O alumnado do Club contra o Cambio Climático participa este ano no Proxecto “Ponte a Zero” da Deputación de Pontevedra. Este proxecto ten como obxectivo fomentar a compostaxe e a separación de residuos en toda a provincia.

Así, o alumnado recibiu unha charla no paraninfo o día 25 de xaneiro titulada “Que facemos cos residuos? Posteriomente, os días 7 e 8 de febreiro realizaron, en pequeno grupo, uns obradoiros sobre microplásticos.

Debemos felicitar ao alumnado, que mostrou tanto interese e curiosidade que o ponente manifestouse encantado coa visita ao centro.

  Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Obradoiro de microplásticos

Curso 24/25

 ADMISIÓN CURSO 2024/25

A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II 

 

As persoas solicitantes poderán:

- Cubrir o formulario na aplicación adimisionalumnado e presentalo por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoña de certificado dixital ou de Chave365.

- Descargar o formulario da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia ou da páxina web da consellería para cubrilo manualmente e presentalo de forma presencial.

- Descargar o formulario da nosa páxina web ou recollelo no centro, cubrilo manualmente e presentalo de xeito presencial.

 

Información adicional: (picar na ligazón para a súa descarga)

Roteiro arquitéctónico

O xoves 1 de febreiro, o alumnado de 2º bacharelato D e E que cursa a materia optativa de Xeografía, Historia, Patrimonio e Arte de Galicia realizou un roteiro arquitectónico por Pontevedra, acompañado das explicacións do seu profesor Pablo Alonso.

Álbum: Actividades -> Roteiro arquitectónico
Distribuir contido


by Dr. Radut