Lexislación Bolsas e axudas Calendario escolar Impresos profesorado

Impresos alumnado

Comunicado da Dirección

AVISO URXENTE

 

 

A Dirección do IES San Paio informa de que o xoves 7 de maio tivo coñecemento da publicación na rede social anónima Yodel de comentarios insultantes e ameazantes dirixidos contra alumnos e profesores do centro.
Ese mesmo día informouse dos feitos ao Grupo de Delitos Telemáticos da Unidade Central Operativa da Garda Civil.
Seguindo as instrucións das forzas de seguridade, o xoves 7 e o venres 8 fixéronse capturas de pantalla e imprimíronse algúns comentarios. Con este material, o IES puxo unha denuncia no cuartel de Garda Civil de Tui.


O IES advirte da gravidade destas condutas e de que aplicará con todo rigor a normativa vixente. O Decreto 8/2015 de convivencia escolar da Xunta de Galicia, no artigo 33.3 establece que: Para o caso de comisión de condutas que deriven en actos que puidesen ser constitutivos de delito ou falta penal, a dirección do centro, por instancia propia ou de calquera membro da comunidade educativa, deberao pór en coñecemento da Administración educativa e dos corpos de seguridade correspondentes, ou do Ministerio Fiscal, sen prexuízo de tomar as medidas preventivas oportunas.

I Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo

O IES San Paio acada un merecido 2º posto, na súa categoría, na I Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

A convocatoria foi todo un éxito: un total de 110 autómatas participaron na competición o venres 24 de Abril, máis de 500 alumnos e alumnas de 37 centros educativos de ensino secundario de toda Galicia.

 

Noraboa ao equipo participante, o traballo ben feito ten o seu recoñecemento!:

 Campións

Lucas Fernández Domínguez (1º BAC A)

Darío González Ferreiro (1º BAC B)

Samuel Diz Pereira (4º ESO D)

Nicolás Mandianes Fernández (4º ESO C)

Alejandro Vilela González (Profesor do Departamento de Tecnoloxía)

 

No telexornal da TVG (min 15:50) falan do éxito da competición:

Viaxe a Lisboa

Dende aquí podes descargar a axenda diaria da Visita de estudo a Lisboa

 

VISITA DE ESTUDO A LISBOA 14-15. AXENDA

 

 

 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas extranxeiras 2015

 

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2015

  

NOTA INFORMATIVA DO 16 DE MARZO

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa.
 
- Lémbrase a necesidade de achegar, xunto coa documentación, a fotocopia de todas as páxinas cubertas do libro de familia ou, de non dispor deste, da documentación que xustifique o número total de membros da unidade familiar.
- Para as personas que non empreguen a aplicación (que obrigará a cubrir esta información), indícase a importancia de facilitar, alomenos, un teléfono de contacto, procurando cubrir todas informacións indicadas na solicitude.
- No caso de remitir a solicitude vía Correo Postal (o Anexo I debe selarse e datarse por Correos), o enderezo de envío é:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Edf. Administrativo de San Caetano s/n
15781 – Santiago de Compostela (A Coruña)
 Prazo aberto dende o 17 de marzo ata o 16 de abril (incluído)

Campus Científicos de Verán 2015

Campus Científicos de verán
 
A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional e o apoio de Obra Social "A Caixa", poñen en marcha a 6ª edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV), dirixido a 1.920 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
Luns, 2 Marzo, 2015 - 02:28
 
 

Durante sete días os participantes en CCV 2015 estarán en contacto coa investigación científica, participando nun proxecto de achegamento científico especialmente deseñado para eles por profesores de Universidade e de Ensino Secundario. O programa completarase con actividades de ocio científico-cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia...) e deportivas.

Prazo para a presentación de solicitudes: dende o 26 de febreiro ata o día 20 de marzo de 2015.

Máis información con todos os detalles do programa no seguinte enderezo:  http://www.campuscientificos.es

En caso de dúbida, contactar con informacion@campuscientificos.es

Imatxina XI Edición (Alumnado de 1º da ESO)

O proceso foi intenso e o traballo duro pero a recompensa nos agradou a todos e todas.

O alumnado de 1º de ESO -nas clases de Proxecto Interdisciplinar e de Matemáticas- estiveron a montar a parte da Esponxa de Menger que levariamos á Fundación Barrie de Vigo para, xunto coas demais aportacións dos outros centros participantes, chegar a formar un 4º nivel.

E conseguímolo!

Ademais poidemos xogar coas Matemáticas grazas aos obradoiros que nos tiñan preparado na Fundación.

Aquí a proba: 

1º nivel -               2º nivel  -             3º nivel (unha cara) 

 

 

 

BEN FEITO!!

Entroido 2015

Entroido

ENTROIDO 2015

 

  • Os alumnos/as poderán disfrazarse nas aulas a partir do segundo recreo e despois poderán baixar ao patio ou ao pavillón, no caso de que chova.

 

  • Os alumnos/as de 4º da ESO poñerán á venda comida caseira do entrooido para sufragar a excursión. Tamén a partir do 2º recreo.

 

  • Haberá unha charanga de alumnos/as amenizando.

 

  • Está pendente se vai haber concurso de comparsas.

Horario Venres 19

Actividades fin de trimestre

 

 

8:45- 11:30- Clases normales

 

11:30- 14:00- Actividades deportivas no pavillón

 

14:00- Entrega de notas

 

Distribuir contido

Rúa Alcalde Casal Aboy nº 11

TUI 36700   Tlf: 986600319

iessanpaio@edu.xunta.es