Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

 

PREME NA LIGAZÓN A CONSULTAR

 

PROFESORADO

 

 

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA*

 

MATERIAS PENDENTES

 

 

RECURSOS DE INTERESE

*pendente de aprobación por Inspección Educativa.

 

 

 

 

PARTICIPACIÓN NA FASE NACIONAL DA XV OLIMPIADA DE XEOLOXÍA

Un ano máis o departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES San Paio participou na Olimpiada de Xeoloxía organizada pola Asociación Española para la Enseñanza de la Ciencias de la Tierra, AEPECT.

Este curso participou o alumnado de Xeoloxía de 2BAC que fixo unha actuación inmellorable, xa que quedaron primeiros na clasificación por equipos e, dúas das nosas alumnas, Alba Estévez e Andrea Martínez quedaron 1ª e 2ª clasificadas para a fase nacional, que terá lugar este sábado 12 de abril en Zamora.

Moita sorte para Alba e Andrea, aínda que para nós xa sodes todas unhas campionas!!

Data: 
Xov, 11/04/2024 - 11:41

PARTICIPACIÓN NO PROXECTO RÍOS

 

O alumnado de 4ESO participa, un ano máis, no Proxecto Ríos, unha iniciativa destinada á detección de especies invasoras nos nosos ríos.

Como xa é tradición, o noso alumnado fai dúas mostraxes anuais no río Tripes para rexistrar a presenza de determinados bioindicadores e os valores de parámetros coma o pH, a cantidade de osíxeno, etc.

Os datos dos diferentes puntos de mostraxe póñense en común, representando unha potente ferramenta de obtención de información.

Data: 
Xov, 11/04/2024 - 13:26

CHARLAS DIVULGATIVAS

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza charlas divulgativas para o seu alumnado dos diferentes niveis. Neste curso, en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela (dentro do programa A Ponte da USC) e a Universidade de Vigo, orgánizaronse as seguintes:

  • 1ESO_ As lampreas: aventuras e desventuras dunha viaxe de ida e volta, a cargo de Manuel Pombal da UVIGO.
  • 4ESO_Atracción fatal: métodos biolóxicos de control de pragas, a cargo de Cristina Cabaleiro Sobrino, da USC.
  • 1BAC_Técnicas moleculares na conservación e xestión da biodiversidade, a cargo de Manuel Rey Méndez e Nieves González, da USC.
Data: 
Mar, 27/02/2024 - 16:14

VISITA XEOPARQUE DE VIANA DO CASTELO

 

O 2 de outubro de 2023 o alumnado de Xeoloxía de 2BAC visitou o Xeoparque de Viana do Castelo para ver, a pé de campo, as pegadas do pasado xeolóxico da nosa controna: diques de pegmatitas, marcas de marea, quiastolitas e icnofósiles de ourizos de mar, entre outras cousas.

Ás veces, a mellor maneira de entender algúns conceptos é camiñar sobre eles. 

 

Data: 
Mar, 10/10/2023 - 08:48

VISITA DE ESTUDOS A PORTO (4º de ESO)

   

 

 

 

Os Departamentos de Bioloxía e de Matemática do IES San Paio organizan esta saída didáctica para o alunado de 4º da ESO á cidade do Porto para o vindeiro día 15 de Febreiro.

 

 

Nesta actividade pretende-se asistir a unha sesión do Planetário da Universidade e facer un percurso pola parte monumental da cidade.

 

Para coñecer o programa preme aquí ou no documento adxunto.

A MULLER NA CIENCIA: Encontro con exalumnas científicas

Un bo xeito de visibilizar á muller na ciencia é que as nosas exalumnas nos dean a coñecer o seu propio quefacer nun día como o de hoxe.

Parabéns a todas elas.

 

 

11 FEBREIRO: MULLERES E CIENCIA

00/00/

 

Elixe a túa científica e anótate!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut